29.12.11

CELEBRAMOS O NADAL DE FORMA ESPECIAL




CÓMO NOS GUSTA O NADAL!!


Elaboramos divertidos e orixinais adornos de Nadal, transformamos os personaxes dos contos populares en figuriñas da árbore de nadal, creamos postais navideñas, representamos unha panxoliña e o máis importante, escribimos a carta aos Reis.


E por si fora pouco, este ano por fín viñeron os Reis a visitarnos e recoller as nosas cartas. Puidemos falar con eles e con Papa Noel por medio das novas tecnoloxías e o Festival de Nadal do noso colexio foi especial, xa que despois de divertirnos coas panxoliñas aprendemos a facer bombóns e poidemos gozar de distintos productos tradicionais navideños.


Unha despedida xenial para o 2011, e agora....A COLLER CON ILUSIÓM O 2012!!


20.11.11

OS NOSOS DEREITOS



POR UNHA VIDA MELLOR

O MAGOSTO





Este ano celebramos o Magosto coma nunca!


O xoves, fomos a Romaría de San Fíns do Castro, onde xogamos nun fermoso entorno propio do outono , degustamos castañas asadas e bailamos ao son dun ritmo moi especial.


E aínda sen cansarnos, o venres, disfrutamos da festa do Magosto celebrada no colexio: con castañas, xogos e unha película no centro cívico. DISFRUTAMOS COMA NEN@S!!


29.10.11

A VENDIMA

Xabedes de ónde procede o viño?.......Pois nós sí!
Descubrimos a través da nosa propia experiencia cómo se fai o viño e os procesos da Vendima. Ademáis, exploramos outras utilidades do viño e incluso o probamos, non che estaba nada mal!!

26.9.11

BENVID@S!

Dende educiación infantil damos a benvida a todos os nenos e nenas do C.E.I.P. Milladoiro. Con moitas ganas de reencontrarnos cos compañeiros/as, de descubrir novas caras e especialmente, de aprender e divertirnos máis que nunca!!
Convidámosvos a que nos acompañedes nas novas experiencias deste curso e que participedes nos comentarios das actividades máis destacadas, ANIMÁDEVOS!!!

14.7.11

O 3º TRIMESTRE EN 4 ANOS





Aínda que este trimestre foi moi breve poidemos disfrutar de variadas celebracións moi divertidas e aprender moitas cousas novas. Entre elas destacamos as nosas pequenas investigacións e observacións do proceso de xerminación e do hábitat e forma de vida dunha tartaruga. Tamén descubrimos a gran variedade de sementes existentes no noso entorno e de animais domésticos e salvaxes. Representamos emocións mediante o debuxo e unha palabra e expresámonos artisticamente con elementos de reciclaxe. Foi un trimestre moi interesante!!

FIN DO CURSO 2010-2011






Neste 3º trimestre tan curto e emotivo rematamos o mural da reciclaxe e fixemos numerosas celebracións descubrindo novas experiencias e divertíndonos todos xuntos máis que nunca.



Como o Día das Letras Galegas, co noso poeta e autor Lois Pereiro e os xogos populares.



A Festa de Fin de Curso, onde amosamos as nosas habilidades musicais e despedimos os compañeiros/as de 5 anos da fermosa etapa de Educación Infantil.



E non nos esquezamos da Festa da Convivencia, que nos permitíu gozar dunha foliada sen precedentes.



FELIZ VERÁN E ATA O PRÓXIMO CURSO!

10.7.11

Xogos para o verán

Por se vos apetece xogar un ratiño, traiovos este paquete de actividades da Generalitat Valenciana, dirixido a nenos e nenas de 4 e 5 anos.
Son xogos interactivos que, tendo como motivo os BICHOS, lembran conceptos de matemáticas, lecto-escrita, manexo do rato... e sobre todo...¡son divertidos!
Para acceder, só hai que premer no enlace.

19.5.11

A CASA DO QUEIXO





Visitamos animais domésticos e aprendemos a elaborar o queixo. Ademáis, ensináronnos a tratar a lá e, sobre todo, xogamos moito. QUÉ BEN O PASAMOS!!

20.4.11

OBRADOIRO DE RECEITAS PRIMAVERAIS




Qué ben o pasamos!! Ademáis, aprendemos a desenvolver 3 receitas: TARTA PRIMAVERAL, PINCHOS DE FROITAS E CREPS DE CHOCOLATE.


Tamén a manipular os alimentos a traballar e colaborar en equipo e sobre todo,


que comer ben e cociñar pode ser moi divertido!!

O ANTROIDO DOS CATIVIÑOS




No antroido fomos ao desfile polo paseo da praia para lucir os nosos traxes. Qué guapos estabamos!! Os de 3 anos fomos de XOANIÑAS, os de 4 de GUSANOS DE CORES e os de 5 anos de MOSQUITOS. Xuntos respresentamos algúns dos insectos máis peculiares que forman parte da biodiversidade. Tamén fixemos festa a rachar e comemos larpeiradas galegas tradicionais coa colaboración dos nosos pais e nais. E ao longo da semana, iniciámonos cos sombreiros e as caras pintadas nesta festa cultural tan divertida. ENHORABOA PARA TODOS OS ANTROIDEIROS!!

2º TRIMESTRE EN 4 ANOS


Descubrimos os medios de comunicación e os transportes. Analizamos críticamente a publicidade, desenvolvemos a nosa creatividade coa creación de micrófonos e a chegada da primavera e especialmente; DIVERTÍMONOS APRENDENDO!!

30.3.11

FOMOS DE EXCURSIÓN  A BUÑO! 
E descubrimos cómo vivían os nosos maiores nas antigas casas de pedra, así como moitas ferramentas que se empregaban para cociñar e traballar na terra, no mar e na creación de utensilios de barro.
Ademáis, enseñáronnos cómo se dá forma a estos obxectos de barro, para crear unha taza ou unha figura decorariva. Tamén cómo se pintan unha vez secos e a diversidade de obras de arte que se poden crear.


E o mellor de todo!, poidemos practicar a arte da alfarería moldeando nós mesmos o barro e seguindo as instrucións do alfareiro. É unha profesión formidable!!

EXCURSIÓN A BUÑO


21.2.11

A semana do 14 ao 18 de febreiro celebramos no colexio "A Semana do Amor". Para a súa conmemoración lemos lecturas adicadas ao mesmo, acudimos ás representacións de contos, escoitamos poemas, refráns e cancións que prepararon os nosos compañeiros/as de primaria.
E cómo non!, tamén os cativiños nos estreamos no escenario da biblioteca.
Os de 5 anos representamos e lemos o conto "Amor de Mar".
E os de 3 e 4 anos dramatizamos e cantamos a canción "Dos Poliños".
E visto o éxito obtido seguro que pronto actuaremos de novo.

Nas fotos das dúas pantallas que hai enbaixo podedes ver as nosas actuacións.