20.4.11

OBRADOIRO DE RECEITAS PRIMAVERAIS




Qué ben o pasamos!! Ademáis, aprendemos a desenvolver 3 receitas: TARTA PRIMAVERAL, PINCHOS DE FROITAS E CREPS DE CHOCOLATE.


Tamén a manipular os alimentos a traballar e colaborar en equipo e sobre todo,


que comer ben e cociñar pode ser moi divertido!!

O ANTROIDO DOS CATIVIÑOS




No antroido fomos ao desfile polo paseo da praia para lucir os nosos traxes. Qué guapos estabamos!! Os de 3 anos fomos de XOANIÑAS, os de 4 de GUSANOS DE CORES e os de 5 anos de MOSQUITOS. Xuntos respresentamos algúns dos insectos máis peculiares que forman parte da biodiversidade. Tamén fixemos festa a rachar e comemos larpeiradas galegas tradicionais coa colaboración dos nosos pais e nais. E ao longo da semana, iniciámonos cos sombreiros e as caras pintadas nesta festa cultural tan divertida. ENHORABOA PARA TODOS OS ANTROIDEIROS!!

2º TRIMESTRE EN 4 ANOS


Descubrimos os medios de comunicación e os transportes. Analizamos críticamente a publicidade, desenvolvemos a nosa creatividade coa creación de micrófonos e a chegada da primavera e especialmente; DIVERTÍMONOS APRENDENDO!!