15.5.12

Paz Andrade


No colexio de Santa Comba, prepararon este video coa vida de VALENTÍN PAZ ANDRADE que é o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras. A min pareceume que vos había de gustar. Aquí volo deixo e xa me contaredes se acertei.

3.5.12

TALLER DA PRIMAVERA


O último taller que fixemos foi moi especial, xa que traballamos a simetría, fixemos debuxos da primavera e creamos unha maceta con forma de cara. E xa comezamos a ver como lle nace o pelo (as primeiras herbas). Foi moi divertido e aprendemos  a reutilizar materiais de refugallo. Por suposto, foi todo posible gracias a colaboración das nosas nais, foi estupendo!!

2.5.12

O DÍA DO LIBRO


Este día tan especial celebrámolo cos nosos amigos os libros. Os compañeiros/as de primaria foron os nosos padriños e os encargados de engatusarnos coa súa letura . Recordamos unha vez máis que ler é moi divertido e sobre todo, cantos máis...mellor!