2.7.12

Camisetas artísticas



Antes de rematar o curso celebramos A Tómbola, xogamos a xogos populares e recibimos unha estupenda camiseta de premio. E por suposto, como artistas que somos démoslle un toque persoal e especial. Un recordo máis que nos permite expresar e ampliar a nosa visión artística do mundo dende o noso punto de vista; a dos nenos. Seguro que as poñemos de moda!!