26.11.12

O Outono e o Samaín



Xa estamos no outono e decubrimos os cambios máís significativos da natureza e as cores típicas da estación. Contamos, escoitamos e vimos contos seguindo a sinfonía de Vivaldi, experimentamos cos sentidos as características das follas secas e creamos un cadro e un mural con innovadoras técnicas artísticas.
 Para conmemorar o día de Samaín tamén creamos caretas monstruosas, debuxamos e comentamos elementos que nos dan medo e ampliamos o noso vocabulario.
HAI QUE VER COMO TRABALLAMOS!!

25.11.12

romería de inverno

Hola a todos e todas! o martes 13 de novembro fixemos unha saída á romería de inverno en Cabana de Bergantiños, algúns nenos e nenas viñeron disfrazados de velliños e velliñas , que guapos estaban!!.Na excursión viaxamos nun tren, visitamos a fonte milagreira, a igrexa de Carme do Briño, comemos castañas e bailamos.Pasámolo xenial como podedes ver nas seguintes fotos,espero que vos gusten. :)

20.11.12

A Castañeira

Estes son os nenos e nenas da EEI Barrionovo de Arteixo contando o conto que fixeron en kamishibai. Seguro que vos gusta e decidídesvos a facer algo semellante!