30.12.12

VEÑEN OS REIS MAGOS



Por fin o día máis esperado da semana....o día que viñeron os Reis Magos!!
E aínda que daban un pouquiño de medo, démoslle a nosa fermosa carta chea de ilusións, e como non, de xoguetes que nos gustaría ter nestas vacacións. Cantamos paixoliñas e esmerámonos por demostrarlles que nos portamos moi ben este ano.
A ver se non se olvidan de nada...
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO DOS NENOS/AS DE 3 ANOS!!!

NADAL, DOCE NADAL



Preparámonos para o Nadal!!! A última semana de clase estivemos moi atarefados decorando a nosa propia árbore navideña, repartindo brillantes e creativas postais caseiras para todos, pintamos pinas de cores para o taller de Nadal, escoitamos contos de nadal, aprendemos dúas paixoliñas moi divertidas e ata fixemos de reposteiros por un día creando deliciosas galletas.
E como non, participamos no concurso de debuxos navideños para o Concello e probamos os doces típicos de Nadal, en especial o turrón de chocolate porque o mazapán non nos gustou tanto como esperabamos.
 Agora só falta que chegue Papa Nöel e os Reis Magos cargados de agasallos...como somos tan bos...

18.12.12

A vosa árbore

Hoxe estiven a dar unha volta polo cole e...¿que vin? ESTA FERMOSA ÁRBORE DE NADAL!!! Xa supoño que tódolos adorniños fixéchedelos vós e amin gustáronme moito, moito. Dentro duns dís xa serán vacacións así que ¡Ata a volta! Ah! e non esquezades pedir un libro na carta que lles escribades ais Reis. Víchedes os que pedín eu?

6.12.12

O NOSO PROPIO CORPO



Estos días descubrimos cousas novas do noso corpo e de nós mesmos. Coñecemos o nome de moitas partes do corpo, as diferencias e similitudes entre nós e con outras especies e a importancia de cada unha delas.
E fixémolo a base de xogos, algunha creación artística e sobre todo...bailando e cantando, o que máis nos gusta!!
Logo descubriremos os poderes máxicos dos sentidos que de seguro que nos sorprenderán, non o perdades!