29.1.13

VISITAMOS A PANADERÍA



Traballamos como verdadeiros panadeiros/as!! fixemos barras, moletes, bolas e galletas.
As panadeiras ensináronnos cómo realizan o seu traballo, os ingredientes para a masa do pan, as máquinas necesarias... Descubrimos a importancia da pala para poñer o pan no forno, e as técnicas para crear as figuras de pan e galletas con máis éxito. Que gusto tocar coas mans a suavidade da fariña! e o mellor de todo:  A DEGUSTACIÓN DE GALLETAS E PAN!!

A CHEGADA DO INVERNO



Comezamos o segundo trimestre e nós, encantados!! Porque puidemos despedirnos de Estefanía e démoslle un agasallo moi especial.
Ademáis Parrulo trouxonos novos rincóns para xogar e aprender que pouco tempo estiveron sen explorar.
E por se fora pouco, comezou o inverno, cun novo mural, cancións e ata creamos un muñeco de neve de verdade e xogamos coa neve que tamén nos trouxo Parrulo.
Aprender é divertido!!