27.3.13

APRENDEMOS SOBRE XARDINERÍA



-Quen quere ser xardineiro/a?
-Eu, eu, eu, eu tamén....e eu, eu....
A verdade e que non nos aclaramos. Pois de novo descubrimos outro oficio moi interesante e importante para a sociedade. Ademáis sendo xardineiros podemos mancharnos de terra sen que ninguén nos diga nada,e  por suposto ver en primeira persoa como damos vida a unhas sementes insignificantes que con un pouco de cariño e responsabilidade convírtense nunhas fermosas plantas ou árbores.
Para ir probando a nosa adicación ao oficio levamos unha Surfínea para coidar na casa aplicando os nosos coñecementos de nova incorporación (as vitaminas precisas para a terra, a cantidade de auga e a importancia da luz).
E que en verdade todos os oficios son importantes e dignos de valorar. Cal é o teu?

24.3.13

NÓS TAMÉN VISITAMOS Á PANADERÍA



Os nenos e nenas de 4 e 5 anos tamén queremos ser panadeiros!!
Aínda que os de 3 anos xa nos advertiran que era un oficio duro, divertido e moi agradecido(non é fácil de esquecerse das deliciosas galletas de chocolate) ...quedamos abraiados. Cantas cousas se poden facer na panadería! galletas, empanadas, bollería...e cantos tipos de pan! con pasas, de allo, sin sal, integral, etc,etc, etc. Dende a nosa experiencia, vemos con ollos de tenrura as panaderías nas que compramos o pan todos os días. GRACIAS PANADEIROS!

19.3.13

COÑECEMOS AOS ALFAREIROS DE BUÑO




Cómo disfrutamos dos oficios!! Desta vez, os alfareiros e alfareiras de Buño abríronnos as súas portas para ensinarnos as dificultades do seu traballo dende a súa orixe. Ademáis disfrutamos dun taller moi divertido no que creamos diferentes figuras e mostras de barro. Non paramos!!

12.3.13

ENTREVISTA A UNHA PANADEIRA



Quén dixo que os nenos non podían desenvolver un oficio??  Pois os de 5 anos sí sabemos!!
Como periodistas que somos hoxe organizamos e realizamos unha entrevista a unha muller traballadora, Pili, unha panaderira da nosa terra, Malpica. Algúns foron rexidores, otros cámaras, había axudantes, presentador...de todo.
E cómo non! os de 4 e 3 anos non habiamos ser menos e preparamos unha chea de preguntas para facerlle a nosa parandeira.
TODA UNHA EXPERIENCIA!

1.3.13

PRACTICAMOS ARTE COAS CORES



Xabiades que había tres cores máxicas? Pois nós sí!
Descubrímolas  lendo un conto sobre círculos e experimentando coa mestura de tres cores: amarelo, vermello e azul. Con elas creamos novas cores que podemos atopar no Arco da Vella e xa forman  parte do noso uso cotiá. Ademáis xa sabemos manexar os pinceis como pintores de verdade e comezamos a crear obras de arte alternativas. Non perdades de vista as nosas obras!

DESCUBRIMOS CASAS E OFICIOS



Estos días estivemos a traballar con distintos tipos de casas e coñecemos mellor o noso fogar. Tamén diferenciamos as dependencias que hai nelas e os seus usos. Para iso, desenvolvemos diversas actividades, debuxos, selección de imaxes, creamos a nosa propia casa, detectamos elementos da mesma, conversamos e analizamos  cómo son. Tamén descubrimos máis aspectos dos oficios con contos e a visualización de debuxos, comenzando dende o dos nosos pais/nais ata aqueles nos que nos gustaría traballar cando medremos, aínda que ben seguro que máis dun cambia de idea.