25.4.13

A PRIMAVERA CON 3 ANOS



Por fin podemos dicir que xa llegou a primavera, e que días tan bos nos deixou esta semana!, así da gusto sair ao parque.
E co cambio meteorolóxico tamén nos decatamos do nacemento de miles de flores e plantas diferentes, así como o nacemento das bolboretas e de moitos paxariños. Cómo nos gusta descubrir este novo mundo que nace ante os nosos ollos, quedamos abraiados co mundo das plantas, os alimentos que nos dan así como as súas cualidades curativas. Lemos moitos contos relacionados, coñecemos as partes dunha planta, plantamos sementes (fabas e lentellas) que non paran de medrar e ampliamos os nosos horizontes como artistas coa obra de Van Gogh "Os Xirasois".

24.4.13

O DÍA DO LIBRO



Este mes descubrimos novas características dos distintos tipos de libros, pois non todos os libros son contos. Ademáis tivemos unha visita moi especial dos nenos/as de 3º de Primaria. Por certo, estiveron moi atentos e animados a coñecer os nosos contos preferidos, e con qué coidado nos trataron!! Así da gusto!
Para conmemorar o Día do Libro cada neno/a de 3 anos tivemos un padriño/a que nos veu buscar á aula e nos levou ao parque para lernos un conto escollido de forma selecta con moita ilusión.
Non hai máis que vernos! A ver cándo nos toca a nós lerlle os contos aos pequenos.

10.4.13

AS NOSAS FAMILIAS

Por fin os de 3 anos rematamos o libro "AS NOSAS FAMILIAS" e ben traballo que pasamos, pois esta temática daba para moito. Lemos contos sobre os sentimentos cara os familiares máis próximos, identificamos valores e o papel dos mesmos(nai, pai, irmáns, irmás, avós). Tamén representamos en debuxo a nosa propia familia que saíu tan ben como nas fotos. Finalmente despois de comentar as fotos e de presentar aos nosos familiares, escribimos o seu nome no tellado. Que libro máis bonito nos quedou!