25.5.13

ARTE DIFERENTE



Neste trimestre xa non andamos...corremos. Cada vez gústanos mais aprender e poñer en práctica os novos contidos. Creamos formas vivas (círculo, cadrado, lúa, estrela, rectángulo, triángulo), unha idea que xurdiu entre nós e levamos á práctica na aula, así como tamén aprendemos algunhas estrofras de Rosalía de Castro, a súa importancia e o máis divertido, poidemos expresarnos nas camisetas que levamos de recordo nos Xogos Populares. E aínda o que nos queda!