9.6.13

Xa case estamos en primaria!

Hola!! os nenos e nenas de 5 anos estaban  impacientes por coñecer cómo será a etapa de primaria , queda pouco para as vacacións e á volta xa irán a primeiro.
O venres coa axuda da profe Dora, a profe Silvia e o profe Miguel, os nenos/as de 5 anos tiveron a oportunidade de facerlle una entrevista aos nenos e nenas de primeiro de primaria. Estiveron preparando toda a semana o que lles ían preguntar e o venres os nenos/as de primeiro foron  a clase de 5 anos para facer a entrevista e despois ensinaronlles a eles a clase  de primeiro.
Pasárono moi ben e aprenderon moito sobre o que se fai  en primaria.
Seguro que estades intrigados sobre as preguntas que fixeron ! pois aquí abaixo podedes ler as preguntas e as respostas así como ver as fotos que sacamos.
Moitas gracias a Miguel e aos nenos/as de primeiro que resolveron todas as dudas e foron moi simpáticos e amables con todos.
Preguntas:
- Marcos preguntoulle a Cristina de primeiro: canto tempo hai para facer as tarefas?.Resposta: o tempo que dura a clase da  asignatura.
-Facedes ximnasia no pabillón? .Resposta: sí , os martes e os xoves.
-Nadir preguntoulle a Daniel: tedes que levar estuche?.Resposta: si.
Aprendechedes moito?.Resposta: si, claro, moito.
-Uxía López preguntoulle a Cristina: ¿son difíciles os exames?.Resposta: algúns sí e outros non.
Tedes ordenador na clase para xogar?.Resposta :non , non temos.
-Pablo preguntoulle a José: facedes moita ximnasia?.Resposta: sí, facemos cousas moi divertidas.
Tedes puzzles?.Resposta: na clase non.
-Erika preguntoulle a Julia: lee contos o  profe?.Resposta: sí, algunhas veces.
-Mar preguntoulle a Unai Suárez: facedes sumas e restas? .Resposta: sí, tódolos días.
- Yeray preguntoulle a Iván: podedes xogar ou traballades todo  o tempo?.Resposta: traballamos sempre, menos no recreo.
- Rubén preguntoulle a Samuel: cantas fichas facedes? .Resposta: dúas ou así.
Qué asignaturas tedes?.Resposta: temos mate, lingua galega, lingua castellana, coñecemento, música,inglés, relixión ou atención educativa, plástica e educación física.
- Paula Añón preguntoulle a Julia: é moi duro o profe?.Resposta: non, reñe algunhas veces pero  cando nos portamos  mal.
Cando estades castigados pensades na silla?.Resposta: non, poñémonos a traballar.
- Fabián preguntoulle a Raúl: A que hora ides ao recreo?.Resposta: ás 11:20.
Facedes excursións?.Resposta: sí, este ano fomos a Marcelle.
- Román preguntoulle a Rodrigo: Aprendechedes a ler?.Resposta: sí!.
Na tómbola danvos moitos regalos?.Resposta: sí, conseguindo puntos dannos moitos agasallos como mochilas, bolis...
- Tristán preguntoulle a Manuel: O profe faivos traballar moito?.Resposta: sí!!
Podedes debuxar?.Resposta: sí, cando rematamos os exercicios.
- Nizam preguntoulle a Lucía: cando vos castigan tedes que copiar números?.Resposta: non, non temos que copiar números.
-Uxía Añón preguntoulle a Raúl: tedes ganas de ir a segundo de primaria?.Resposta: sí, moitas.

Os nenos e nenas de primeiro tamén lles preguntaron aos nenos de 5 anos se tiñan ganas de ir a primeiro e todos contestaron que sí!!!.

As profes, tamén quixemos facerlle unhas preguntas aos nenos de primeiro e foi a seguinte:
Profes: botades de menos infantil?.Resposta: sí!!! (aínda que algún dixo que non)
Profes: botades de menos ás profes de infantil?.Resposta: sí!!! (aquí todos parecía que estaban dacordo)
As profes de infantil tamén botamos de menos aos  nenos e nenas de primeiro pero  pensamos que en primaria vailles ir todo moi ben porque son fantásticos ao igual que os nenos/as de 5 anos.