23.12.14

RESUMO DO NADAL NA CLASE DAS CURUXAS (5º E.I.)

Así foi como festexamos o Nadal 2014 na clase das curuxas, soamente quédame despedirme ata á volta e desexarvos a todos e todas unhas felices festas e un próspero ano novo.



nadal2015 from Sandra on Vimeo.

22.12.14

VISITA DOS REIS MAGOS

Os cativiños do Milladoiro recibiron a visita dos Reis Magos e saíron no periódico.



21.12.14

PROXECTO DAS CURUXAS (5º E.I.)

Neste primero trimestre realizamos o proxecto das curuxas, aquí recollo un pequeno resumo dalgunhas das actividades que fixemos para aprender máis sobre este tema.



12.12.14

VIDEO DE NADAL (5º E.I.)

Tras moito traballo xa temos o noso vídeo de Nadal, pasámolo moi ben facéndolo e aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste e soamente me queda desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO 2015.



Sin título 0002 from Sandra on Vimeo.

MAIS ADORNOS NA CLASE DAS CURUXAS (5º E.I,)






Seguimos cos adornos navideños na clases das curuxas. Unhas árbores fabulosas que fixemos en atención educativa e os nosos renos que levarán unha sorpresa para casa.

11.12.14

XOGAMOS COS CÍRCULOS (4º E.I.)

Todo o trimestre estivemos aprendendo a facer series de círculos amarelos e azuis, e hoxe xogamos a buscar en pequeno grupo os círculos da nosa mesa, colocandoos en torres en función da cor e contamos cantos cículos amarelos, vermellos e azuis tiña cada equipo.












VISITA DOS NENOS DE 5 ANOS (4º E.I.)

O vernes tivemos unha hora de ler un pouquiño especial, pois os nenos e nenas de 5 anos viñeron a nosa clase a contarnos un conto. O certo é que o fixeron xenial e o resto escoitamos atentamente a historia da tartaruga e a lebre. Gracias chic@s maiores, volvede cando queirades.






NOVO PROTAGONISTA, ADRIÁN!!! (4º E.I.)

O xoves estivemos de celebración, pois Adrián foi o protagonista toda a semana. O seu cumpreanos xa foi o 30 de setembro, aínda así tiña que ter a súa propia semana, e foi a pasada. Pamela visitounos e contou a historia de Adrián, ademáis cantounos e fixemos que íamos nunha moto, nunha Onda como a de Marc Márquez. Comemos bizcoito e chocolate e ademáis fixemos entre todos a coroa que levou Adri para casa. Rematamos poñendo música e bailando. Gracias!!! 








CHEGOU O NADAL (5º E.I.)

Xa temos todo preparado para a chegada do Nadal, comezamos o día 1 de decembro co noso calendario de adviento, no que cada día abrimos un sobre que nos agasalla cunha palabra e o encargado dalle a chocolatina do número correspondente a un compañeiro ou compañeira:



Fixemos moitos adornos para a nosa aula:




As estrelas que trouxemos da casa xa decoran o noso centro:





A nosa curuxa Mariola tamén quedou moi navideña.


10.12.14

MURAL DE NADAL NA CLASE DAS CURUXAS (5º E.I.)

Coa chegada do Nadal comezamos a decorar a nosa parede, para iso fixemos un mural de pastores do mundo.




E este foi o resultado, o noso mural de pastores do mundo:

9.12.14

XOGO DAS CURUXAS (5º E.I.)

Rematado o proxecto das curuxas, estivemos realizando na clase un xogo para avaliar todo o que aprendimos. Premendo na imaxe podedes xogar na casa.

4.12.14

MARTHA PROTAGONISTA (4º E.I.)

A semana pasada tivemos unha nova protagonista, Martha, e polo tanto celebramos na clase que cumplía 3 anos xa! Para iso viñeron Paul y Lucy y compartiron connosco a historia que escribiron no libro viaxeiro, pero esta vez a historia foi distinta, porque estaba en inglés!





30.11.14

MANUALIDADES DE CURUXAS (5º E.I.)

Estamos rematando xa o noso proxecto das curuxas e outra vez quería dar as grazas a todas as familias por a vosa colaboración. Esta semana fixemos algunha das últimas manualidades como as marionetas de curuxas e os niños con ovos de verdade. 




CONTACONTOS DOS NENOS DE 5 ANOS

O pasado venres os nenos e nenas de 6º E.I. visitáronnos para contarnos o conto de "A que sabe a lúa?". Fixéronno xenial y aos nenos da clase das curuxas gustounos moito, esperamos que nos volvan visitar pronto.




25.11.14

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




Hoxe, 25 de novembro, festexamos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e para iso comezamos a traballar o noso recuncho da amizade con mensaxes positivas. Tamén fixemos un debuxo a unha nena o un neno e buscamos as súas letras, traballando a importancia de respectar tanto a uns como a outros.
 


22.11.14

A CURUXA MARIOLA


Xa temos mascota na clase, é a nosa Curuxa Mariola, elixido o nome por sorteo de todos os que nos aportáchedes das casas, moitas GRAZAS!!!






O venres tamén tivemos un fermoso cadro dunha curuxa feito con teas e como nos gustou tanto quixemos facerlle un collage a nosa Curuxa Mariola. Para elo contábamos con todo tipo de papeis, lás, rotuladores, ceras blandas... e o único que tiñamos que cumprir era que se vira a curuxa e escribir o seu nome. Así foi o proceso:












E este foi o resultado, a clase das curuxas son uns artistas, decidimos entre todos que os íbamos colgar no corredoiro: