30.10.14

Tubalacatumba


Mirade que encontrei! É unha das cancións da Galiña Pintadiña, un proxecto nacido no Brasil pero que hoxendía é un fenónemo mundial. Collen cancións da tradición oral e actualízanas de maneira que toda a familia pode cantar xunta. Todas, especialmente dirixidas a nenos e nenas de ata 6 anos. Gústavos?

28.10.14

CANCIÓN DO SAMAÍN (5º E.I.)

Estos días na clase das curuxas estamos escoitando a canción do SAMAÍN de "Brinca Vai"! Non aprendimos a letra, porque é un chisco complicada, pero o vídeo encántanos.




Tamén estivemos traballando o conto de "Marcelina e a noite de samaín", podedes ver o conto e realizar diferentes actividades no seguinte enlace:




26.10.14

SAMAIN CHEGOU A 4 ANOS (5º E.I.)

Esta semana chegou o Samaín a clase das curuxas, así estivemos vendo diversos vídeos explicativos sobre esta festividade, aprendimos algunha canción, xogamos a poñer cara de susto e asustar os nosos compañeiros e compañeiras e comezamos a realizar diversas manualidades: arañas, morcegos, caretas de mouchos... aquí vos deixo unha pequena mostra, nos próximos días subiremos mais fotos.




SAMAIN (4º E.I.)

Esta semana comezamos a traballar o Samaín na aula de 3 anos. Para iso lemos o conto de  Marcelina e a noite de Samaín,  fixemos pantasmas coas mans e traballamos moito para facer unha cara de mostruo na porta da clase! Un día apareceu na clase a pantasma comemedos, e despois de pensar e escribir o que nos daba moito medo  llos dimos  a ela para que os papara.


22.10.14

FOTO OUTONO (5º E.I.)

Tras moitos intentos esta é a primeira foto oficial dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, da clase das Curuxas, poñerei varias ó longo de todo o curso para ir vendo a nosa evoluación.



15.10.14

UN MOUCHO QUE É CHOSCO (5º E.I.)

Estamos aprendendo unha nova canción sobre un moucho que é chosco, que vive nun souto... Déixovos a canción e próximamente mostraremos os pasos do baile.


O MISTERIO DA CAIXA (4º E.I.)




















Hoxe pola mañá Alba pareceu na clase cunha caixa… non sabíamos o que era, pensamos e pensamos, uns dicían que dentro había uns zapatos, outros lubas, un león, hipopótamos, patos… ata que por fin resolvimos o misterio… había castanas e ourizos!!! Tocámolos con moito coidado para non pincharnos, falamos do outono e recordamos a poesía do outono.



CONTACONTOS




















O martes estivemos na biblioteca con outros compañeiros/as  escoitando o conto de Maruxa, contado por dúas rapazas maiores. Encantounos!!


CUMPREANOS DE ANTÍA (4º E.I.)


O martes celebramos o aniversario de Antía que o venres 10 cumpliu 3 anos. Esta semana foi a protagonista e, polo tanto, levou para a casa o libro viaxeiro e nel contounos que ten un cabalo, que lle gusta dar de comer a súa tartaruga, que ten unha bici…e un montón de cousas. Gracias a Sheila e David por acompañarnos nese día!!



PROTAGONISTA DA SEMANA: ALONSO (4º E.I.)

A semana pasada o Protagonista foi Alonso, que o domingo 5 cumpliu 3 anos…que maior!! O martes celebramos na clase o seu aniversario cun rico flan, e a súa e nai e a madriña compartiron connosco un conto estupendo, onde descubrimos que Alonso ten unha cama elástica, que mirou como nacía un terneiro , que ten na casa animais de granxa… Pasámolo moi ben!!!



 

13.10.14

VISITA DUNHA CURUXA (5º E.I.)


Seguimos avanzando no descubrimento do mundo das curuxas grazas a visita dunha delas, que nos permitiu coñecelas a fondo e estudar cada unha das súas partes, aprendendo a empregar tamén a lupa para observar as partes máis pequenas. Moitas Grazas as familias por todas as vosas apartacións!!!!





7.10.14

AS CURUXAS DE 4 ANOS (5º E.I.)


Os nenos e nenas de 4 anos decidiron por maioría que se chamaban a CLASE DAS CURUXAS, así que comezamos a nosa investigación sobre estes animais tan curiosos e solicitamos a colaboración as familias.


Algunhas das nosas ideas previas sobre as curuxas e cuestións que queremos saber foron as seguintes:


Xa resolvimos algunhas das nosas dúbidas grazas a todo o material que están aportando as familias, por iso dende aquí agradecervos a vosa colaboración, e pouco a pouco o noso proxecto vai tomando forma.




OUTONO CHEGOU...(5º E.I.)

Xa chegou a estación do outono á clase de 4 anos e celebrámolo con diferentes decoracións como mandalas, a nosa árbore con follas, setas... aqui os deixamos unha pequena mostra.




Tamén estamos aprendendo a canción "Otoño llegó marrón y amarillo".


4.10.14

COÑECEMOS OS NOSOS NOMES (5º E.I.)

Na clase de 4 anos estamos traballando o noso nome e o nome dos nosos compañeiros e compañeiras e, para iso, empregamos o seguinte xogo onde temos que buscar a parella da imaxe co nome escrito, realizar as sopas de letras, puzles... Tamén podedes facelo na casa, soamente tedes que premer enriba da imaxe.


1.10.14

MESAS DA CLASE DE 4 ANOS (5º E.I.)

Foron moitos os cambios que fixemos buscando a mellor distribución das mesas e finalmente os grupos quedaron da seguinte forma, sendo os nomes elexidos por eles mesmos a votación (ó longo do curso realizaremos diferentes grupos).


Mesa das TARTARUGAS: Germán, Antía, Nagore, Moisés e Henry.

Mesa dos DRAGÓNS: Pablo, Martín, Sofía, Carla, David e Sabela.

Mesa das ESCAVADORAS: Iker, Laura, Nicolás e Daniela.


Mesa das FLORES: Alexis, Alejandra, Miguel, Yeray e Blanca.

Mesa dos FUTBOLISTAS: Alma, Oliver, Ada e Alejandro