30.11.14

MANUALIDADES DE CURUXAS (5º E.I.)

Estamos rematando xa o noso proxecto das curuxas e outra vez quería dar as grazas a todas as familias por a vosa colaboración. Esta semana fixemos algunha das últimas manualidades como as marionetas de curuxas e os niños con ovos de verdade. 




CONTACONTOS DOS NENOS DE 5 ANOS

O pasado venres os nenos e nenas de 6º E.I. visitáronnos para contarnos o conto de "A que sabe a lúa?". Fixéronno xenial y aos nenos da clase das curuxas gustounos moito, esperamos que nos volvan visitar pronto.




25.11.14

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




Hoxe, 25 de novembro, festexamos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e para iso comezamos a traballar o noso recuncho da amizade con mensaxes positivas. Tamén fixemos un debuxo a unha nena o un neno e buscamos as súas letras, traballando a importancia de respectar tanto a uns como a outros.
 


22.11.14

A CURUXA MARIOLA


Xa temos mascota na clase, é a nosa Curuxa Mariola, elixido o nome por sorteo de todos os que nos aportáchedes das casas, moitas GRAZAS!!!






O venres tamén tivemos un fermoso cadro dunha curuxa feito con teas e como nos gustou tanto quixemos facerlle un collage a nosa Curuxa Mariola. Para elo contábamos con todo tipo de papeis, lás, rotuladores, ceras blandas... e o único que tiñamos que cumprir era que se vira a curuxa e escribir o seu nome. Así foi o proceso:












E este foi o resultado, a clase das curuxas son uns artistas, decidimos entre todos que os íbamos colgar no corredoiro:








"PAJARITOS A BAILAR" (5º E.I.)




A semana pasada estivemos aprendendo que tipo de animal eran as curuxas e descubrimos que son AVES. Despois de clasificar diferentes animais e pescudar cales mais son aves, aprendimos o baile desta mítica canción que nunca pasa de moda.


E tamén tedes o noso baile:


18.11.14

QUE COMEN AS CURUXAS? (5º E.I.)

Hoxe na clase de 4 anos estivemos investigando que comen as curuxas e as nosas primeiras ideas foron as seguintes:



Nun primeiro momento case todos pensabamos que comían millo pero buscamos nos libros que nos achegáchedes das casas e descubrimos que comían, principalmnete ratóns pero tamén miñocas, arañas, caracois... así que algún neno/a tamén acertou.

Despois do recreo fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar que animal era o que se atopa dentro da bolsa. Pensando que era de verdade ningún quería meter a mán e aínda descubrindo que eran gominolas con forma de arañas, miñocas e caracois, non todos quixeron probar sorte.


Cando xa averiguamos que eran golosinas tiñamos un problema para repartirlas, por que non sabíamos como facer para todos coméramos o mesmo número delas. O principio probamos a repartir unha a cada un pero sin comela por si non chegaban e tiñamos que cortarlas. Como nos sobraron tivemos que contar cantos eramos e cantas golosinas tiñamos.


Buscamos moitas solucións e non todas nos convencía, porque algunha non repartía as gominolas por igual, pero finalmente cortando varias veces e contando moito puidemos comer todos e quedar conformes. Tedes a continuación un resumo en fotos do ben co pasamos e de todo o que aprendimos.


13.11.14

XOGOS DE MAGOSTO

O xoves pola tarde pasámolo xenial!! A aula de 3 e 4 anos xuntámonos na aula de psicomotricidade para xogar a xogos típicos do magosto:  o xogo da traga castaña, relevos, baile da castaña… Todo para motivar a celebración do Magosto o día seguinte!!

6.11.14

SAMAÍN NA EDUCACIÓN INFANTIL


O pasado mércores, 29 de outubro, festexamos o Samaín cun taller de cociña, onde os nenos e nenas fixeron dedos terroríficos e ratonciños, e recibimos a visita dun bruxa boa que realizou moitas pócimas de cores, pasámolo de medo!!!!!

5.11.14

MAGOSTO (5º E.I.)

Xa temos todo preparado para o Magosto coas nosas castañas móbiles.




Tamén estivemos vendo o conto "A castaña que rebentou de risa", premendo na seguinte imaxe podedes volver a velo e realizar algunhas das actividades no ordenador.



IKER, O PROTAGONISTA (4º E.I.)

A semana pasada foi o protagonista Iker, e o martes pasado celebramos o seu cumple!!



2.11.14

SAMAÍN NA CLASE DAS CURUXAS






O pasado mércores festexamos na clase das curuxas o Samaín, para tal acontecimiento puxemos as nosas caretas de mouchos, colgamos as nosas arañas e saímos cos nosos morcegos.
















Tamén fumos ver a exposición de cabazas dos nosos compañeiros e compañeiras.