18.11.14

QUE COMEN AS CURUXAS? (5º E.I.)

Hoxe na clase de 4 anos estivemos investigando que comen as curuxas e as nosas primeiras ideas foron as seguintes:



Nun primeiro momento case todos pensabamos que comían millo pero buscamos nos libros que nos achegáchedes das casas e descubrimos que comían, principalmnete ratóns pero tamén miñocas, arañas, caracois... así que algún neno/a tamén acertou.

Despois do recreo fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar que animal era o que se atopa dentro da bolsa. Pensando que era de verdade ningún quería meter a mán e aínda descubrindo que eran gominolas con forma de arañas, miñocas e caracois, non todos quixeron probar sorte.


Cando xa averiguamos que eran golosinas tiñamos un problema para repartirlas, por que non sabíamos como facer para todos coméramos o mesmo número delas. O principio probamos a repartir unha a cada un pero sin comela por si non chegaban e tiñamos que cortarlas. Como nos sobraron tivemos que contar cantos eramos e cantas golosinas tiñamos.


Buscamos moitas solucións e non todas nos convencía, porque algunha non repartía as gominolas por igual, pero finalmente cortando varias veces e contando moito puidemos comer todos e quedar conformes. Tedes a continuación un resumo en fotos do ben co pasamos e de todo o que aprendimos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario