20.9.14

RECUNCHO DA AMIZADE (5º E.I,)



Na clase de 4 anos estamos estreando o RECUNCHO DA AMIZADEsendo este un espazo onde resolver conflitosdeixar mensaxes positivos, tranquilizarnos cando nos poñemos un pouquiño nerviosos, dicirlle cousas fermosas os nosos amigos e amigas... e no que tamén pode mandarnos as súas mensaxes as familias, fotos de amizade, debuxos elaborados na casa... Estes serán comentados na asemblea e logo colocarémolos no noso recuncho.


Con motivo desta creación empezamos a traballar a canción "XOGO DA CARRASQUIÑA" co seu baile, xa que nela nos invitan a que nos demos un bico e nos abracemos. Esta canción encántalles, así que vos deixo o vídeo para que poidades bailala todos xuntos na casa e algunhas das fotos da interpretación da canción na clase.
















16.9.14

BENVIDOS

Benvidos a todos os nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil que este ano comezan un novo curso con moita ilusión e entusiasmo. Algúns xa son veteranos como os meniños e meniñas de 5 anos, que coa súa mestra Dora, rematarán este ano a súa etapa. Os de 3 anos están a adaptarse a este novo mundo, como é a escola, da man da súa profe Marta. E Sandra é a mestra dos nenos e nenas de 4 anos que seguen a evolución iniciada no curso pasado. Todos eles estarán acompañados de Mónica, encargada da psicomotricidade e mestra de apoio, entre algunhas das súas funcións; Luisa, a profe de música; Mª Jesús, a "teacher" e Carmen, a profe de Relixión. Todas queremos dar a benvida ao alumnado e ás familias, desexando que este espazo vos sirva para coñecer un pouquiño máis das cousas que facemos no día a día na aula.