31.1.15

DÍA DA PAZ ( 4º EI )

O venres celebramos o día da Paz, cantamos a canción que aprendimos con Luisa no patio xunto co resto do cole e sacamos fotos co arco da vella, os de infantil fixemos a mans vermellas. Quedou precioso!!

27.1.15

VIAXAMOS Ó POLO NORTE ( 4º EI )

Descubrimos que os esquimales e os iglús atópanse no Polo Norte, así que decidimos buscar na bola do mundo onde está o Polo Norte, pero tamén buscamos onde vivimos, Malpica, e o país de nacemento de Martha, Inglaterra. Foi divertido xogar coa bola, ademáis ten luz!!!

23.1.15

BANDEIRAS E CONTINENTES (5º E.I.)


Como xa sabedes estamos a traballar a India e tivemos que situala no seu continente, así que aprendemos todos os demais. Ademais cambiamos o nome das mesas e agora cada un estamos sentados nun continente diferente, ao igual que aprendemos o seguinte rap que nos gusta moito.




Tamén atopamos a bandeira da India nun dos libros que nos deixáchedes, buscamos moitas máis bandeiras e rematamos facendo cada un a nosa propia bandeira, este foi o resultado.




19.1.15

VISITA DE PAULA E NOA

Antes das vacacións Alba foi a protagonista e, para celebrar o aniversario, tiñamos preparado que viñera Noa, a súa madriña, a contarnos un conto. Ese día non pudo vir, así que o venres veu con Paula, a nai de Alba, e contounos dous contos moi bonitos: Te quiero un montón, onde a mamá de garabanciño dille canto lle quere de moitas maneras, e o conto de Orellas de bolboreta, onde Mara é cuestionada e criticada polos compañeiros/as e a ela sabe moi ben das distintas situacións. Moitísimas grazas e volvede cando queirades.








PROTAGONISTA DA SEMANA: ISAAC ( 4º EI )

Á volta das vacacións do Nadal, ademáis de atoparnos nun novo ano, nun novo mes e nunha nova estación, descubrimos que Isaac era un ano maior, xa cumplira 4 anos. Así que tivo a súa semana do protagonista, e celebramos a seu aniversario o martes pasado, para iso veu a súa mamá e gozamos dun rico bizcoito de chocolate!! Descubrimos moitas cousas de Isaac, pero divertiunos moito saber que tiña unha egua chamada Gitana.




ELMER (5º E.I.)

Metidos de cheo no mundo dos elefantes da India trouxeron a clase o conto de Elmer e buscamos outros contos na rede, gustándonos moitísimo e por iso os deixo o seguinte enlace:





Entón decidimos facer os nosos propios elefantes de cores empregando todo tipo de materiais.






















E o noso resultado foi o seguinte:


11.1.15

UN AGASALLO POR REIS

Xa estamos de volta na clase das curuxas, tendo unha gran sorpresa cando chegamos a clase e é que os Reis Magos deixárannos un agasallo. Estivemos a deducir que poderían ser naquela caixa tan pequena... e resultou ser un elefante, pero non un elefante calquera.













Todos quixemos ver de preto aquel elefante e comprobar que cousas diferentes tiña.




Chegamos á conclusión de que non era un elefante como os que había nos zoos de España, así que empezamos falar de que sitios poderían ser e estes foron os resultados.


Finalmente comprobamos en Internet como eran os elefantes destes lugares e ningún coincidía, así que cun pouco de axuda atopamos que era un elefante da India.


E agora queremos coñecer máis sobre este elefante e sobre o país onde viven, India, por iso unha vez máis pido colaboración ás familias para que manden toda a información que teñan sobre a India ou obxectos que poidan estar relacionados con este país. Como sempre moitas grazas de antemán.