27.3.15

FESTA HOLY _ BENVIDA A PRIMAVERA (5º E.I,)




Para rematar o proxecto da India e tamén cerrar este 2º trimestre, onte festexamos a festa HOLY, festa das cores típica da India que dalle a benvida a primavera. 




























Para esta ocasión fixemos un mural e este foi o proceso:




E finalmente fixemos a festa pola tarde onde comimos gominolas de cores, repasamos todo o aprendido da India, xogamos a atopar as mesas de cores...

26.3.15

A PRIMAVERA ( 4º EI )



Esta semana celebramos a chegada da Primavera, para iso estamos aprendendo unha nova canción, a poesía da señora primavera e pintamos con pinceis unhas bolboretas que decorarán a nosa aula. Son uns artistas, mirade que bonitas!!!!
hipocampillo's PRIMAVERA album on Photobucket

23.3.15

AS NOSAS CLASES DE IOGA (5º E.I.)




A partir deste vídeo dunhas vacas moi estresadas, estivemos a practicar o Ioga, unha práctica moi común na India.









17.3.15

IMOS BAILAR (5º E.I.)

Neste trimestre aprendimos a canción "Imos bailar" de Mamá Cabra e o seu baile que nos encanta.


13.3.15

A PROTAGONISTA DA SEMANA, DANIELLA ( 4º EI )

Esta semana tivemos unha nova protagonista, Daniella. Celebremos que ía cumplir 4 anos, aínda que o aniversario de verdade era a seguinte semana, pero como estaría de viaxe xuntámonos antes. Estivo connnosco Bea, a súa nai, e entre outras cousas, aprendimos a dicir mamá e papá en lingua de signos!!




!

6.3.15

PABLO, O PROTAGONISTA DA SEMANA!!! ( 4º EI )

 Esta semana celebramos o aniversario de Pablo, que xa ten 4 anos!!!! Para iso tivemos a visita da súa nai, que trouxo o libro viaxeiro, onde aprendimos moitas cousas de Pablo a través dunha historia, pero ademáis puidemos ver un álbum de fotos, no que aparecía Pablo cando era moi pequeno con Pedro, mamá, papá... Moitas gracias!!!





1.3.15

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (5º E.I.)

O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro e para tal conmemoración fixemos o noso propio poema a partir do poema "Parece unha rosa"


PARECE  UN   SOL

Ven solecillo, ven o verán

ven todos os días,

para ir a praia 

e poder surfear.


Ven solecillo que queremos xogar

ca area e mais co mar,

pois cansos do inverno

estamos xa.

E así foi o noso proceso creativo:


Tamén sumámonos á actividade da Asociación de escritores en Lingua Galega na súa proposta anual para celebrar o DíA de Rosalía, cun mural colectivo cheo dos nosos pensamentos cando somos Rosalía.



ESPECIAS DA INDIA (5º E.I.)

Esta semana tocounos coñecer as especias da India, grazas o material aportado polas familias.


Foron moitas as actividades que realizamos e moito nos gustou traballar con elas. Primeiro as observamos, as tocamos e pensabamos a que nos recordaban.
























Fixemos mandalas típicos da India, quedando todo o cole hulindo a curry, por iso invitamos os nosos compañeiros e compañeiras a que huliran os nosos mandalas.



Despois de traballar todas as especias, eleximos entre todos a nosa favorita e a que nos recordaba a súa olor, gañando a especia ANIS DE ESTRELA coa olor a ROSCÓN DE REIS.











E finalmente traballamos os sentidos, buscando nos diferentes folletos publicitarios.














Este é o resumo fotográfico de todo o traballo realizado: