29.4.15

DÍA DO LIBRO: PADRIÑOS E MADRIÑAS ( 4º EI )


O día 23 de abril celebramos no centro o Día do Libro, para dita celebración cada neno e nena da clase tiña asinado un padriño ou madriña de 6º de Primaria, que tivo que ler ós cativos un conto, pero non un conto calquera, un escollido para o seu afillado/a en función dos seus gustos e intereses, para iso viñeron a semana anterior a coñecerse entre eles e falar un pouquiño. Foi unha actividade moi divertida, pero non a única, xa que os pequenos inventaron unha historia, e en breves estará en formato papel!!
hipocampillo's libro album on Photobucket

27.4.15

EMOCIÓNS: A TRISTEZA ( 4º EI )


O luns da semana pasada apareceu de novo un monstruo no panel do Monstruo de colores, pero está vez era de cor azul. O martes descubrimos que estaba triste xa que apareceu a palabra TRISTEZA, e falamos e traballamos sobre esto o resto das xornadas, que lle pasaría, como poderíamos axudarlle, cando sinto eu tristeza... e recopilamos cousas azuis!!
hipocampillo's MONSTRUO TRISTEZA album on Photobucket

23.4.15

DIA DO LIBRO, 23 DE ABRIL (5º E.I.)

Hoxe, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO coa actividade de padriños e madriñas lectores. Na anterior semana viñeron os alumnos/as de 5º e algún de 6º de E.P. e preguntaron os seus afillados/as polas súas lecturas favoritas.
















Os maiores foron á biblioteca a elixir un libro para os seus afillados e hoxe viñeron recollelos á aula, buscaron un sitio no patio e contáronlles o conto. Foi unha actividade que nos gustou moito.




22.4.15

OBRADOIRO DE COCIÑA: OVOS DE CHOCOLATE ( 4º EI )

Despois das vacacións de Semana Santa fixemos este obradoiro de ovos de chocolate, co que aprendimos moito, vimos o proceso de transformación do chocolate e o probamos en distintos estados, traballamos en equipo, e aínda que o resultado non foi tan bonito como esperabamos os peques puxeron moitísima ilusión e motivación!!!
hipocampillo's OVOS DE CHOCOLATE album on Photobucket

19.4.15

COMEZAMOS O TERCER TRIMESTRE (5º E.I)

Neste terceiro trimestre imos realizar un proxecto sobre a praia e comezamos co estudo das cunchas, xa que foron moitos os nenos e nenas que trouxeron diversas delas á clase.



















Puxémonos a investigar que eran exactamente as cunchas, xa que xurdiron diferentes teorías ao respecto, e para iso fomos buscar información á biblioteca.




























Foi moi grande a nosa sorpresa cando descubrimos que dentro das cunchas vivían pequenos animais chamados moluscos e, sobre todo, que as caracolas era as casas dos cangrexos hermitaños. Así que seguimos buscando información e vimos o seguinte conto:




Finalmente fixemos as nosas propias caracolas cos seus cangrexos hermitaños.










17.4.15

AS EMOCIÓNS: A RABIA ( 4º EI )


Esta semana comezamos unha nova experiecia, AS EMOCIÓNS. Comezamos por traballar a Rabia, que descubrimos que é un enfado moi grande, e intentamos axudar ó monstruo vermello a cambiar ese estado e extrapolar esa emoción a nosa vida. Puxemos cara de enfado e buscamos cosas vermellas!!
hipocampillo's MONSTRUO RABIA album on Photobucket

11.4.15

PRIMAVERA NA CLASE DAS CURUXAS (5º E.I.)

Xa chegou a primavera a clase das curuxas e por iso estivemos facendo flores con diferentes técnicas. Por unha banda empregamos culleres para facer margaritas e, por outra parte, decoramos con papel seda unha árbore que estaba moi triste porque non tiña flores. Este foi o proceso e o resultado:




















Tamén estamos aprendendo o "Rock da primavera" que é moi divertido e gústanos moito as guitarras de rock-bolboretas: