29.4.15

DÍA DO LIBRO: PADRIÑOS E MADRIÑAS ( 4º EI )


O día 23 de abril celebramos no centro o Día do Libro, para dita celebración cada neno e nena da clase tiña asinado un padriño ou madriña de 6º de Primaria, que tivo que ler ós cativos un conto, pero non un conto calquera, un escollido para o seu afillado/a en función dos seus gustos e intereses, para iso viñeron a semana anterior a coñecerse entre eles e falar un pouquiño. Foi unha actividade moi divertida, pero non a única, xa que os pequenos inventaron unha historia, e en breves estará en formato papel!!
hipocampillo's libro album on Photobucket

No hay comentarios:

Publicar un comentario