11.5.15

CIENTÍFICOS: CATAPULTAS ( 4º E I )

A semana pasada foi a semana da ciencia, e no cole habilitamos un aula para facer experimentos. O luns, Pablo apareceu cunha catapulta e comezamos a xogar, foi divertido ver como había cousas que voaban e outras non, así que xa tiñamos algo que investigar como científicos. O venres fomos á aula a investigar, que chegaría máis lonxe, bolas pequenas ou grandes, pesadas ou lixeiras...e xogamos coas catapultas a encestar distintos obxectos. Qué divertido!!!
hipocampillo's CATAPULTAS album on Photobucket

No hay comentarios:

Publicar un comentario