31.10.15

SAMAIN 2015 (6º E.I.)

Este samaín foi moi completo, fixemos arañas, pantasmas de palomitas, actuamos, fumos polas clases facendo o "truco ou trato"... este é un pequeno resumo:

29.10.15

XOGO DAS PARELLAS (6º E.I.)


Pasámolo en grande xogando as parellas coas nosas fotografías (agasallo cas nais e pais fixéranlle a Henry), gracias a Alma que o trouxo por uns días.

MAGOSTO (6º E.I.)

O  pasado mércores festexamos o Magosto no cole, reunímonos todos no patio e cada ciclo cantou unha canción diferente dedicada a castaña. Despois pasamos a comer castañas e, finalmente, bailamos un pouco todos xuntos no patio.


















Tamén realizamos diferentes xogos coas castañas:

27.10.15

"O ROUBO DA CABEZA" (6º E.I,)

Este ano dentro da PDI do cole, Pintamos moito!, propuxéronnos realizar a actividade CÓNTAME UN CADRO...DE MEDO!. O cadro escollido para a clase de 6º E.I. foi "El espantapájaros" de César Pola.



A partir deste cadro inventamos entre todos un relato de medo. Primeiramente, de maneira individual, cada neno e nena escribiu o que lle pasara o espantallo, puxémolo en común e aqueles personaxes que mais apareceron foron os protagonistas da nosa historia. Finalmente eleximos un título, votámolo e a maioría elexiu "O ROUBO DA CABEZA" (podedes ver o conto completo no blogue pintamos moito).
Como gustounos tanto a historia que crearamos, decidimos interpretarla na biblioteca dentro da VI Semana das Lecturas Terroríficas, quedando demostrado que todos son uns grandes artistas.


samain from Sandra on Vimeo.

ESPANTALLOS (6º E.I.)

Estas semanas estivemos traballando o espantallo e por fin o venres pasado levamos os nosos para a casa, así ningún paxaro comerá as nosas sementes.









SEMANA DA FROITA (6º E.I.)

Aproveitando que estamos na semana da froita fixemos varias actividades. A primeira foi un experimento de flotabilidade, quedando abraiados de que non flota o pequeno e afúndese o máis grande, se non que depende da súa pel.
 






Tamén traballamos en grupo buscando froitas que contiveran as diferentes vogais, o principio costounos un pouco pero o resultado foi moi gratificante.

26.10.15

OBRADOIRO DE LÓXICA: TRES EN RAIA ( 5º EI )

 
Este mes de outubro aprendimos a xogar ó tres en raia,  a algúns cóstanos un pouco porque é un xogo moi complicado, pero pouco a pouco dominámolo.
 






25.10.15

BAILE DOS MORCEGOS ( 5º EI )

A clase dos superhéroes e superheroínas tamén participaremos na Semana das Lecturas Terroríficas,  interpretaremos cun baile a seguinte canción!!!!

 

 

19.10.15

SUPER ZORRO: MISIÓN ATOPAR MÁIS SUPERHERÓES E SUPERHEROÍNAS ( 5º EI )


AXUDA A SUPER ZORRO: MISIÓN CUMPLIDA!!!! ( 5º EI )











hipocampillo's superzorro album on Photobucket


 
 
 
HOLA SUPER ZORRO, ATOPAMOS A TÚA MÁSCARA NA BIBLIOTECA DO COLE, ESTABA NUNHA MESA DETRÁS DUNHA TARTARUGA DE PELUCHE. CUMPLIMOS A MISIÓN O VENRES CANDO COLLIMOS CONTOS NA BIBLIOTECA PARA LEVAR A CASA. UN BIQUIÑO DE PARTE DOS SUPER HERÓES E SUPERHEROÍNAS

8.10.15

ANIVERSARIO CONXUNTO DE ADRIÁN E ALONSO ( 5º EI )

Esta semana celebramos o aniversario de Adrián e Alonso, e para esta ocasión tomamos un rico bizcoito e ademais fixemos actividades artísticas, os que cumprían anos fixeron a súa silueta e a pintaron coa axuda das mamás que puideron vir a escola , e os demais crearon un debuxo para facer o libro de debuxos que levarán Adrián e Alonso como regalo da clase cando estean rematados.



 

5.10.15

EL BAILE DE LA FRUTA (6º E.I.)

"El baile de la fruta" é a nova canción que aprendimos este curso e o seu baile encántanos:

XA PLANTAMOS (6º E.I.)


Seguimos adiante co noso proxecto da horta e por elo tivemos que ir investigar á biblioteca que precisábamos para plantar, cales eran os coidados das plantas... Despois diso puxémonos mans á obra:















Estos son os nosos primeiros resultados, despois da fin de semana:

sandracaoalvarez's plantar album on Photobucket

4.10.15

OBRADOIRO DE LÓXICA ( 5º EI )

Este pasado mes de setembro, dedicamos cada día un minutiños a aprender a xogar ó memory. Ó principio era dificil colocar as cartas e entender as normas, pero unha vez asimiladas convertímonos en auténticos expertos!!!