30.11.15

XOGO DO XIRASOL (6º E.I.)


Para repasar un pouquiño todo o aprendido sobre o xirasol, déixovos este xogo Lim creado por Olga catasus e que está no seu Blogue "El rincón de la maestra".
Ademais nos tamén fixemos algunha manualidade cos xirasoles.

 

23.11.15

INICIOS NA PINTURA (6º E.I.)

Nestes días adentrámonos un pouquiño máis no mundo da pintura cos retratos e os autorretratos, que leváronnos a descubrir a Van Gogh. Comezamos cun vídeo sobre os autorretratos dalgúns dos pintores máis famosos.





A partir deste vídeo analizamos diferentes estilos de pintura e quixemos facer os nosos autorretratos e, ademais, fixemos un retrato a un compañeiro e compañeira.











Descubrimos que un dos pintores que pintara moitos retratos e autorretratos foi Van Gogh e, ademais, que lle gustaba moito pintar xirasoles e puidemos observar un cadro destas plantas de cerca (aínda que non era de Van Gogh) e facer as nosas propias producións, esta vez empregando acuarelas.
















Este vídeo é un pequeno resumo de todo o traballo que realizamos:

18.11.15

PDI: PINTAMOS CON ESPUMA DE AFEITAR ( 5º EI )

Dentro da PDI "Pintamos moito", a clase dos superhéroes e superheroínas estamos traballando a evolución da pintura, comezmos pola arte rupreste, despois os xeroglíficos exipcios e esta semana o símbolo exipcio do Ollo de Horus. Para traballar esto último, fixemos un pouquiño de maxia, mesturamos cola branca, espuma de afeitar  e pintura negra, e fixemos a nosa obra dun modo divertido!!







13.11.15

CANCIÓN "O NOSO CORPO" (6º E.I.)

Xa temos unha nova canción para o noso repertorio da caixa da música, ademais permítenos coñocer moitas partes do corpo.


12.11.15

ROMERÍA DE MAGOSTO (6º E.I.)



magosto2 from Sandra on Vimeo.

Este é un pequeno resumo do ben co pasamos o pasado mércores na Romería que fixeron no Dolmen de Dombate. Tamén fixeron unha reportaxe gráfica dende "La voz de Galicia".

10.11.15

PROXECTO SUPERHERÓES: VISITA DOS EXPERTOS ( 5º EI )

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita da nai de Babel e dun amigo, grandes expertos no tema dos cómics, e trouxeronnos un montón de material e de información que nos servirá para continuar co proxecto. Moitísimas gracias e ata a próxima!!!!




 

9.11.15

SAMAÍN: BAILE DOS MORCEGOS ( 5º EI )






SAMAIN: TRUCO OU TRATO ( 5º EI )


Na semana do Samaín no cole, todo infantil fixemos a actividade de Truco ou Trato. Nos estivemos na clase de 5º de primaria, onde nos regalaron una pegatinas de bruxiñas, na clase de terceiro onde obsequiáronnos cunha calavera mexicana enorme, e na clase de 4º primaria onde tiñan preparado un debuxo persoal para cada un de nós. Moítisimas gracias a todos por participar, por que pasámolo xenial preparando as máscaras e indo a escondidas polo pasillo para dar sustos!!!







6.11.15

ARCIMBOLDO (6º E.I.)




Esta semana estivemos estudiando o traballo de Arcimboldo, un pintor italiano que realizaba os seus cadros con elementos da natureza, especialmente con froitas e verduras. Tanto nos gustou que nos tamén quixemos facer os nosos cadros e os nosos retratos. Ademais fixemos un dos cadros de Arcimboldo coa técnica do puntillismo.