23.11.15

INICIOS NA PINTURA (6º E.I.)

Nestes días adentrámonos un pouquiño máis no mundo da pintura cos retratos e os autorretratos, que leváronnos a descubrir a Van Gogh. Comezamos cun vídeo sobre os autorretratos dalgúns dos pintores máis famosos.





A partir deste vídeo analizamos diferentes estilos de pintura e quixemos facer os nosos autorretratos e, ademais, fixemos un retrato a un compañeiro e compañeira.











Descubrimos que un dos pintores que pintara moitos retratos e autorretratos foi Van Gogh e, ademais, que lle gustaba moito pintar xirasoles e puidemos observar un cadro destas plantas de cerca (aínda que non era de Van Gogh) e facer as nosas propias producións, esta vez empregando acuarelas.
















Este vídeo é un pequeno resumo de todo o traballo que realizamos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario