16.12.15

VISITA DOS REIS MAGOS


















Hoxe os Reis Magos viñeron recoller as nosas peticións en forma de carta e, ademais, trouxéronos caramelos. Non todos os nenos quixeron pedirlle persoalmente as cousas que querían pero as cartas foron entregadas todas. Todas as fotos apareceran no video resumo do Nadal da clase de 6º de E.I.


 

VISITA DOS REIS MAGOS ( 5º EI )

Hoxe recibimos a visita dos Reis Magos de Oriente, entregámoslles as nosas cartas e comimos caramelos. Algúns peques non quixeron subir nin achegarse por medo, aínda así disfrutaronno igual, foi moi emocionante!!!

hipocampillo's reyes album on Photobucket

15.12.15

RECEITA DE GALLETAS (6º E.I.)




Hoxe estreamos a cociña cunha receta moi do Nadal, GALLETAS DE CHOCOLATE. Pescudamos nun libro de cociña, pesamos todos os ingredientes, mesturamos, traballamos as galletas e, por fin, para o forno. Non todas saíron ben e tampouco non gustaron a todos pero a experiencia foi moi enriquecedora.

OBRADOIRO DE COCIÑA: FACEMOS GALLETAS (5º EI )

0nte estreamos a cociña do cole elaborando unhas ricas galletas, algunhas quedaron un pouco chamuscadas, outras estaban boísimas e outras non estaban demasiado ricas, pero traballamos un montón, xogamos coa masa, medimos cantidades, aprendimos as normas da aula de cociña, e sobre todo pasámolo en grande mesturando os ingredientes e manchándonos coa fariña, foi moi divertido así que esto é só o principio, e nalgunhas receitas daredes conta delas!!!
hipocampillo's COCINA GALLETAS album on Photobucket

13.12.15

MOSTRA DE TEATRO

O pasado venres, 11 de decembro, os alumnos e alumnas de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria, acompañados de compañeiros do colexio de Buño, acudieron a disfrutar da función escolar "Rosa Caramelo" a cargo da compañía Rosalía Teatro.


 

12.12.15

OBRADOIRO DE COCIÑA: BATIDO DE FROITAS ( 5º EI )

A semana pasada fixemos a primeira receita dentro do Proxecto Gastronómico planeado para este curso. A cociña aínda estaba sen rematar, así que decidimos facelo igual pero na clase. Elaboramos dous batidos, un de plátano e outro de mazá, estaban boísimos, e como era líquido non puidemos levar un anaco a casa para que o probarades, pero en todas as receitas que poidamos levaremos a mostra, esperamos que vos guste!!!
hipocampillo's BATIDO album on Photobucket

3.12.15

BATIDO DE FROITAS (6º E.I.)

Rematamos o proxecto da horta investigando a transformación dalgúns dos alimentos estudados: as pipas do xirasol en aceite, a manzanilla en té, as uvas en viño e a froita en batidos. Este último o comprobamos na clase facendo nos mesmos dous batidos, un de plátano e mazá (que nos gustou moito) e outro de kiwi e pera (que non gustou nada). Este é un pequeno resumo da nosa experiencia.