29.9.15

A HORTA DOS NENOS E NENAS DE 6º E.I.


Na clase de 6º de Educación Infantil xa temos en marcha o noso primeiro proxecto deste curso, e como podedes ver imos plantar. Xa son moitas as cousas que fomos traendo da casa: menta, berenjena, landras, leitugas, cebolas, perexil... e mañá plantaremos repolos, desexando ver que sae de todo isto!






27.9.15

BENVIDO OUTONO!!! ( 5º EI )

Celebramos a chegada do outono decorando a clase con árbores pintadas cos dedos!!! Mirade que bonitas árbores, son uns artistas!!!

hipocampillo's ARBORES OUTONO album on Photobucket

22.9.15

CHEGOU O OUTONO (6º E.I.)

Coa entrada do outono son moitos os cambios que vemos no noso entorno e podemos traballalos a través deste xogo, creado por " Proyecto Medusa. Contenidos Digitales Ed. Infantil. Gobierno de Gran Canaria", que comeza cunha animación na que faise un percorrido polos aspectos máis significativos do outono.

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/agrega/visualizar/es/es-ic_2009102913_9134518/false
 
Proyecto Medusa. Contenidos Digitales Ed. Infantil. Gobierno de Gran Canaria. - See more at: http://enlaescuelacabentodos.blogspot.com.es/2012/09/el-otono.html#sthash.ERsxQ6nM.dpuf"
Proyecto Medusa. Contenidos Digitales Ed. Infantil. Gobierno de Gran Canaria. - See more at: http://enlaescuelacabentodos.blogspot.com.es/2012/09/el-otono.html#sthash.ERsxQ6nM.dpuf

17.9.15

XOVES DÍA DA FROITA OU DOS FROITOS SECOS (6º E.I.)

Este curso como novidade convertemos os xoves no DÍA DA FROITA ou DOS FROITOS SECOS. Hoxe xa foi todo un éxito e aqueles que hoxe esqueceron traer froita xa están desexando que chegue o próximo xoves para contarnos o que traen ou compartilo cos seus compañeiros e compañeiras.





7.9.15

XA ESTAMOS DE VOLTA!


Chegou o momento de voltar ás aulas, xa temos as pilas cargadas  con novas ideas e proxectos. Recordar cas clases comenzan o 10 de setembro en horario de 08:45 a 13:45, seguirá así en todo mes de setembro e tamén en xuño, despois o horario normal será de 09:00 a 14:00 h.
Durante todo o mes de setembro as familias poderán acceder ao centro co alumando para a entrega de materiais...
As titorías agora son os luns de 16:00 a 17:00, resolvendo todas estas novidades e cuestións na reunión colectiva de comezo de curso que en 5º e 6º de E.I. será o vindeiro luns 14 de setembro ás 16:00.
 
Tamén presentar o equipo de Educación Infantil, estando formado por:
4º E.I.: Mónica Garrido Fernández
5º E.I.: Marta Couto Varela
6º E.I.: Sandra Cao Álvarez
Profesora de apoio: Dora Mª Pailos Parga
Relixión: Carmen Canto Centeno
Lingua inglesa: Mª Jesús Graña Arcay
Educación Musical: Mª Luisa Quintáns Cambeiro