26.2.16

Semana de ROSALÍA DE CASTRO (6º E.I.)


O 24 de febreiro conmemórase a Rosalía de Castro cun día dedicado especialmente para ela e nos fixemos varias actividades na clase e tamén outras nas que participou todo o alumnado do centro. Na foto anterior pódese ver un mural de Rosalia de Castro feito con anacos de papel o estilo de Andy Warhol, tivemos que pintar, recortar e colocar os papeis no lugar onde nos tocou.


Ademais fixemos un debuxo dun verso de Rosalía, no noso caso dunha canción que falaba de Rosalía, elexindo o tema Rosalía pequeniña de Uxía.





Nesta canción fala do que Rosalía soñaba con ser, así que representámola sendo unha fada, unha india, unha pirata... e despois pegámolos nun mural conxunto para todo o cole.


Por último, como noa guastou tanto a técnica de Andy Warhol fixemos o noso propio cadro de Rosalía e ademais modificamos as nosas fotos coa súa técnica, primeiro co ordenador e despois en papel. Co ordenador este foi o resultado:





E un resumo de todo este traballo, queda recollido nas seguintes fotos:


19.2.16

LUIS SEOANE en 6º E.I.

Despois da nosa visita ao museo de Belas Artes de Coruña gustounos tanto os cadros de Luis Seoane, xa que teñen tantos cores, que nos tamén fixemos o noso cadro de La figura, vimos na pantalla mais cadros de Seoane e buscamos o seu título, fixemos combinacións de cores... este é un pequeno resumo do traballo realizado.


SEOANE from Sandra Cao on Vimeo.

17.2.16

MATISSE (6º E.I.)


MATISSE from Sandra Cao on Vimeo.

Despois de coñocer un pouquiño mais o mundo de MATISSE, a través do libro Las tijeras de Matisse, quixemos facer os nosos cadros imitándoo e recortando papeis de cores con tesoiras. 

14.2.16

MUSEO DE BELAS ARTES ( 5º EI )


O venres, todos os nenos e nenas de infantil, visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Ó chegar pola mañá á escola, falamos sobre o que íamos ver, as normas dun museo e do que pasaría ese día, para que os peques puideran predecir de antemán o que pasaría na xornada. Despois visita rápida ó baño e en bus ata Coruña. Unha vez alí, sentámonos a merendar as galletas con e sen chocolate e a auga que levamos as profes. As chicas do museo, fixeron dous grupos, con Nuria marcharon os nenos e nenas de 6º de EI, e os de 5º E 4º de EI quedamos con Mónica. Primeiro analizamos unha escultura dunha árbore, que era, como a farían, cualidades... despois analizamos un cadro moi grande, no que estaba representado Hércules, e contaronnos a historia de cómo Hércules sacou a Xerión, o xigante que vivía na Coruña, da cidade e da Torre de Hércules, que posteriormente coloreamos. Continuamos a visita observando varios cadros da época barroca, fíxonos moita gracia que utilizaran perrucas brancas!!! Despois vimos un cadro de Urbano Lugris, un cadro no que representaba a cidade da Coruña e un de Seoane, feito cun montón de cores e a base da técnica de puntos, o que deu pé a que xogaramos con papel celofán e fixeramos parecer novas cores xuntando o celofán. Rematamos a visita pintando e pegando papeis unha representación do cadro de Seoane!!
hipocampillo's VISITA AL MUSEO album on Photobucket

13.2.16

OBRADOIRO DE COCIÑA: MAGDALENAS ( 5º EI )


O xoves, á volta das festas do entroido, utilizamos a cociña para facer unas ricas magdalenas de chocolate.
hipocampillo's obradoiro de cocina album on Photobucket

12.2.16

EXCURSIÓN MUSEO DE BELAS ARTES (6º E.I.)




Este é o resumo de todo o que aprendemos hoxe no Museo de Belas Artes de Coruña, vimos diferentes retratos, aprendimos como se fan as esculturas, analizamos un cadro da Coruña de Urbano Lugrís, describimos as cores dalgúns dos cadros de Luis Seone, fixemos as nosas propias produccións... foi unha experiencia magnífica.

ENTROIDO NA AULA DE 5º EI ( 4 ANOS )


Este ano disfrazámonos de SUPERPINTORES/AS!!!
hipocampillo's ENTROIDO 2016 album on Photobucket

5.2.16

MAGDALENAS ARCO IRIS

Chegou o entroido e o tempo das larpeiradas e nos fixemos MAGDALENAS ARCO IRIS, este foi todo o proceso:


semprexonxa's  album on Photobucket

1.2.16

MURALES DE MATISSE


Este ano festexamos a PAZ a través da pintura, os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. elaboramos un mural a partir do cadro El cielo de la Polinesia de Matisse. Foi un traballo conxunto que gustounos moito e que agora adorna a parede das duas clases.



Ademias con todo o cole elbaramos un mural conxunto tamén de Matisse, titulado "La Gerbe".



Este é o resumo de todo o noso traballo:



Paz 2016 from Sandra Cao on Vimeo.