8.3.16

CHAMAMOS A UN VIVEIRO ( 5º EI )

Durante moito tempo estivemos na clase falando sobre sementes, e incluso probamos a plantar algunas pepitas da froita que traen para merendar, pero non medrou nada, así que sempre tiñamos a tarefa pendente de investigar algo para plantar na clase. Esta semana é a semana da froita, e conseguimos un montón de pepitas de mandarina así que decidimos investigar o asunto. Atopamos una páxina web que daba 5 consellos, o primeiro xa era que o mellor era mercar un mandarino pequeno, así que pensamos onde o venderían, e descubrimos que a tenda de plantas chámase viveiro, non plantanería. Pensamos cantos cartos podería valer una árbore, fixemos estimacións varias, dende 0 euros ata 60.014 euros, se era moi caro non poderiamos mercar a árbore. Atopamos un número de teléfono e hoxe decidimos chamar para preguntar o prezo, chamamos e falaron os peques, e dixeronnos que alí non vendían mandarinos. Así que hoxe temos deberes para casa, pensar ideas sobre que cousas nos apetece plantar, pero non valen árbores!!!!
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario