17.3.16

RECTA NUMÉRICA ( 5º EI )


Hai tempo atopamos no pasillo uns números colgados con pinzas, mirámolos, tocámolos, quitamos e puxemos as pinzas, incluso tamén nenos/as doutras clases que pasaban por diante... e hoxe decidimos falar sobre eles, pensamos para que servirían, para pintar, para xogar, para facer votacións nas guerras de sumo... algúns números os coñecíamos moito, e decidimos anotar detrás de cada un de eles, cousas relacionadas,para empezar apuntamos detrás do número 5 os nenos que xa cumplirán 5 anos, detrás do 7 os días da semana... e seguiremos anotando máis cousas a medida que vaiamos recordándoas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario