26.4.16

EXPERIMENTO: COMO DESCONXELAR UN OVO? (6º E.I.)

Finalmente quixemos facer un experimento para comprobar como traballan os paleontólogos e que instrumentos teñen que empregar para sacar os osos de dinosaurio cando os encontran conxelados. 
Para o noso experimento o primeiro que fixemos foi meter dinosaurios pequenos nun globo, encher os globos de auga e despois para o conxelador.















Despois de dous días os sacamos do conxelador e despois de comprobar que estaban moi fríos, plantexamos distintas hipótesis de como os podíamos desconxelar, xa que tiñamos que sacar os dinosaurios que estaban dentro.


A primeira hipótesis  foi poñer os ovos debaixo dunha luz moi potente (a cal non tiñamos), a segunda deixala o sol (pero tardaba moito), a terceira foi facer un reflexo cun obxecto brillante e dirixir este cara os ovos (pero non conseguimos facer dito reflexo), a seguinte foi empregar un martelo (a mais rápida aínda que saltaban xeos por todos lados) e a última usar un secador de pelo, que sustituimos polo secador de man do baño, coa sorpresa co ovo derretíase e volvíamos a obter agua, foi todo un descubrimento!


















No hay comentarios:

Publicar un comentario