4.5.16

EXCURSIÓN A SANTIAGO ( 5º e 6º EI )

Onte os peques de 5º e 6º de Educación Infantil pasamos o día en Santiago de Compostela. A primeira visita foi ó baño do cole, xa que ía ser un camino longo, fixemos as parellas e montamos no bus. Estabamos inquietos porque tiñamos moitas ganas de montar en tren. Cando chegamos a Santiago merendamos unas galletas con chocolate e auga, xa facía moita calor a esas horas da mañá!!!  Visitamos o Museo do Pobo Galego, onde fixemos una actividade moi divertida, na que tiñamos que ir por varias salas: a do mar, o campo, as festas e as casas, buscando unhas pistas, para axudar a Sabela, a protagonista dunha historia que nos contaron alí. Ademais atopamos una mesa enorme con obras de Manuel María, o homenaxeado das Letras Galegas!!!!!
Despois fumos andando por Santiago ata chegar á Catedral, onde esperamos ó tren, admirando e falando da Catedral, do Concello, da música que escoitabamos, saúdando ós traballadores que estaban moiii arriba na Catedral...
Por fin chegou o tren ( na seguinte entrada veredes un anaco dun vídeo), algún estaban moi impacientes, e levounos a dar una volta longa por todo Santiago, e no camino vimos unha noria xigante. Despois fumos anadando un pouquiño ó Parque da Alameda, onde estaba o bus coas mochilas. Buscamos un sitio con sombra para comer, recollimos e limpamos todo e xogamos ata a hora de marchar. De volta algún ían moi cansos, pero pasámolo en grande!!!!!

EXCURSION - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Mais fotos da excursión:


No hay comentarios:

Publicar un comentario