24.5.16

Festiletras 2016

O pasado venres, 20 de maio, vivimos unha xornada de convivencia no Couto para festexar o Día das Letras Galegas. Alumnos e alumnas de distintos centros escolares, Cabana, Laxe, Malpica, Ponteceso, Buño...participaron no Festival dos soños con  interpretacións de cancións e poemas de Manuel María, autor homenaxeado este ano.
A xornada terminou coa actuación de Uxía Senlle, Santi Cribeiro e Magín Blanco que interpretaron cancións do seu albúm Canta o cuco.
O resumo de esta xornada quedou recollido en La Voz de Galicia, nun vídeo resumo e no seu albúm fotográfico.





No hay comentarios:

Publicar un comentario