29.6.16

Fin de curso ( 5º EI)

O último día de cole, baixamos ó centro cívico para ver a graduación dos nenos e nenas de 6º de Infantil e de 6º de Primaria. Foi un acto moi emotivo, para despois divertirnos co Mago Pablo. Subimos ó patio do cole onde merendamos as cousas ricas que puxeron ós membros do Ampa e xogamos coas familias libremente. Rematamos a xornada subindo a clase a coller as notas e, de paso despedirnos, abrazarnos, darnos bicos e desexarnos...Feliz verán!!!!!!

O MELLOR DA COCIÑA

28.6.16

CONVIVENCIA ESCOLAR


O pasado martes 21 de xuño festexamos o Día de convivencia xunto co CEIP Joaquín  Rodríguez Otero de Buño e o CRA Nosa Señora do Faro. Antes de comenzar a pasalo en grande coas colchonetas e as actividades que estaban programadas, entregáronse os premios da I Xornada do Deporte, estando na foto anterior os gañadores das distintas probas. Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron todos eles un diploma de participación.














E así de ben o pasamos durante toda a xornada:



 

27.6.16

Miró na aula de 3 anos

Os nenos e nenas de 3 anos este ano descubrimos a Miró, pintamos coma el e imitamos unha das súas esculturas...

23.6.16

CUMPLE DA PROFE (6º E.I.)

Despois de preguntarme toda a semana cando era o meu cumpreanos, por fin chegou o día e nada menos que festexalo cunha festa. Para elo tíñamos que facer a tarta, cada un dixo como a quería e fumos a biblioteca investigar que receitas eran máis doadas de facer.















Encontramos varias e todas tiñan unha pinta estupenda, así que decidimos facer un biscoito e decoralo con diferentes cousas. Sometímolo a votación e saíron un biscoito de fresas con nata e outro con chocolate, gominolas e virutas de cores. Fixemos a lista da compra e recordamos entre todos os ingredientes do biscoito.


O xoves fixemos os biscoitos na aula de cociña e o venres rematamos a súa decoración xa na clase, para de seguido soprar as velas e papala. As dúas estaban boísimas.





Rematamos a xornada cunha festa e convidamos os nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos. Foi un día moi especial e toda a xornada resumida en imaxes tédela a continuación.


21.6.16

I DÍA DO DEPORTE

O xoves 16 de xuño celebramos as I Xornadas do Deporte, participando o alumnado do CEIP Milladoiro de Malpica e o CEIP Joaquín Otero de Buño. Foron moitas as probas deportivas que realizaron, onde os nenos e nenas de Educación Infantil disputaron diversas carreiras e animaron os seus compañeiros.






 

20.6.16

ESCORNABOTS (6º E.I.)





E non queríamos deixar este curso sen probar os Escornabots que este ano chegaron ao centro. Fixemos un pequeno xogo para familiarizarnos co seu funcionamento, tirábamos o dado e despois tiñamos que levar o escornabot a ese número polo camiño que quixéramos, en seguida aprenderon a manexalo.

15.6.16

TRADICIÓN GALEGA (6º E.I.)

Rematamos o curso con este pequeno proxecto sobre a tradición galega. Tras a visita ao museo do pobo galego e o museo etnolúdico de Ponteceso foi moito interés o que suscitou todo o relacionado cos traballos antigos, os xogos, as roupas... e aínda co tempo era moi xusto aprendimos moitas cousas cos obxectos que foron traendo das casas.






 

14.6.16

APADÁN ( 5º EI )

Hoxe visitáronnos María e Ana da protectora de animais Apadán. Contáronnos cousas sobre o seu traballo, como recollen os cans abandonados, o tristes, cansados, medosos e enfermos que están cando os buscan e o felices que están despois, que necesidades teñen, vimos fotos de cans abandonados, un vídeo dos mesmos despois de estar acollidos por familias, como é o sitio de acollida...






DÍA DA FAMILIA: FACEMOS MACETAS ( 5º EI )

Para celebrar o Día Internacional da Familia, o 15 de maio, e tendo en conta que comezamos a facer na clase un pequeno horto, decidimos regalar una planta. Despois de facer votacións sobre que plantar para levar para casa, gañaron os tomates contra os guisantes ( que os sembramos igual no horto da clase). Cada peque, nunha maceta de papel reciclado, plantou sementes de tomate e comezamos a ver o crecemento. Sesións despois,recibimos a visita de Lydia, mamá de Teo de 1º de Primaria, que traballa na Olería de Buño, e axudounos a facer as macetas de barro, que máis tarde levou a cocer nun forno especial durante máis de 10 horas. Cando trouxo as macetas cocidas, pintámolas de cores libremente pero, ó querer transplantar os tomates, observamos que a metade deles non medraran ou afogaran por regar demasiado, así pois, decidimos levar as macetas baleiras para casa e plantar no verán o que nos apetecera.

 

13.6.16

ENTREGA DE DIPLOMAS PEQUE CHEFF

O pasado venres 10 de xuño foi o acto de clausura da biblioteca e ademais o momento no que os nosos peque cheff recibiron o seu diploma por participar este ano tan activamente na aula de cociña. Non podemos estar máis orgullosas destes pequenos grandes cociñeiros!!!


















EL JUEGO DE LOS NIÑOS (6º E.I.)

Na excursión do pasado martes o Museo Etnolúdico de Ponteceso estivemos analizando o cadro El juego de los niños de BRUEGHEL, que serviunos para coñecer moitos dos xogos tradicionais que agora xa están perdidos. Así que buscamos en internet o cadro e fumos recordando algúns destes xogos coa axunda da seguinte páxina web


 Atopamos xogos como a silla da reina, os zancos, o escondite, golper o aro, construccións... e despois coloreamos os xogos que mais nos gustaron.


12.6.16

RETRATOS EN XUÑO (6º E.I.)

A comezo de curso realizamos un autorretrato e agora en xuño volvimos a facer outro para comprobar a nosa evolución despois de traballar durante todo o curso a arte. Como estes días estábamos traballando a Leandro Lamas, empregamos a técnica dos bastoncillos e as súas cores vivas para adornarlo. Este foi todo o proceso de elaboración dos autorretratos finais:



E aquí podedes comprobar dita evolución:
 

A NOSA VERSIÓN DE LEANDRO LAMAS (6º E.I.)

Este ano conocimos moitos pintores con motivo da PDI do centro e quixemos rematar con Leandro Lamas, xa que ilustrou algúns dos poemas de Manuel María, como por exemplo no libro-CD  Canta o cuco, onde estes son cantados por Uxía e Magín Blando. Desta maneira, primeiro buscamos na biblioteca libros que ilustrara Leandro Lamas, despois visonamos algunha das súas obras e, finalmente, fixemos a nosa propia interpretacións, cada un dun cadro distinto.


















11.6.16

Clausura da Biblioteca ( 5º EI )

O venres fixemos o acto de clausura da Biblioteca Escolar coa entrega de agasallos ós cativos máis Leóns e Leonas ( os que máis leron ), así como diplomas os maiores de 6º por ser colaboradores activos do equipo de Biblioteca. Este ano, para celebrar que conseguimos unha aula de cociña, entregamos ós cativiños de infantil ( por ser o ciclo que máis utilizou esta instalación) diplomas por ser uns pequechefs boísimos e facer receitas tan ricas. Velaí algunhas imaxes do acto.