30.9.16

A PANTASMA COMEMEDOS (5º E.I.)

Hoxe chegou a nosa clase a PANTASMA COMEMEDOS, con el os nenos e nenas contaron os seus temores, os escribimos nun papel e dímosllo a comer a esta pantasma tan simpátca e así desaparecen. Agora afondaremos un pouquiño máis sobre cada un deses medos.


29.9.16

O ESPAZO: INVESTIGAMOS


O martes chegamos pola mañá e Alba trouxera o Libro Cd de Pablo Díaz, Toc Toc, así que o miramos e escoitamos a canción sobre a Galaxia, e como querían bailar, BAILAMOS!!!! eso sí, cando parara a música quedarían como estatuas.
Como o día anterior resolveramos a hipótese de por qué non vemos as estrelas cando é de día, fixemos a experiencia para comprobalo. Apagamos todas as luces da clase excepto a do proxector, que nesta actividade fai de sol, e colgamos unha das estrelas do camiño, atopadas o día anterior, detrás do proxector. Puxémonos diante do "SOL" , o proxector, e ver se podíamos ver as estrelas de detrás, cousa imposible.
Deixaramos pendente a visita á Biblioteca, así alá marchamos. Atopamos moitos libros, pero so levamos a clase aqueles que falaban sobre as estrelas.
Vimos, na hora de ler, un corto de Pixar sobre a Lúa e as estrelas, e xurdiron varias preguntas:  as estrelas teñen luz?, que é a gravedad? cantas lúas existen?
Intentaremos das respostas a estas preguntas pouco a pouco.

28.9.16

INICIAMOS PROXECTO: O ESPAZO

Ó comezo de curso, ó falar nas asembleas que queríamos aprender e investigar xurdiron varias propostas sobre o espazo: ir ó planetario, investigar as galaxias... e unha hipótese concreta: Por qué non podemos ver as estrelas cando é de día?
Dixeron que as estrelas non se ven porque están detrás da lúa, dentro do sol, que están no ceo, , que están no espazo, que de noite si se ven...

Este luns a primeira hora, na subida as aula, atopamos un camiño de estrelas de diferentes cores e numeradas. Saltamos de unha a outra ata á última, a alí estaba a nosa sorpresa, un TELESCOPIO!!!!! Algúns nenos e nenas dixeron que servía para ver o ceo, o sol, a lúa, as estrelas... miramos por el, por todas as mirillas que atopamos, ata descubrir por onde era o sitio correcto. Estabamos moi ilusionados, así que baixamos ó patio a mirar por el e descubrir algo, pero o ceo estaba cheo de nubes, aínda que algún neno asegurou ver a lúa.
Unha vez na clase, e traballada a hipótese na semana anterior, anotamos onde poderiamos buscar información dixeron: na biblioteca,en internet e en casa. Así pois, fumos á biblioteca do cole, pero estaba ocupada, volvimos a clase e buscamos por internet onde descubrimos que as estrelas non se ven de día por que... hai moita claridade pola luz do sol!!! Seguindo na pantalla, e por iniciativa dos peques, debuxamos cousas que estaban no espazo: a lúa, as estrelas, o sol e a Terra.
Para pedir información ás familias fixemos votacións de entre todas as ideas que deron sobre a forma da nota: cadrado, rectángulo, círculo, rombo, esfera, poliedro, cubo, óvalo, calavera, estrela, cilindro... fixemos varias votacións ata que gañou a estrela contra o cilindro por 12 a 0.

 

26.9.16

4º EDUCACIÓN INFANTIL ADAPTACIÓN

Uns vídeos de presentación dos nenos e nenas de 3 anos e outro das actividades que fixeron durante o período de adaptación.







22.9.16

NORMAS DE BIBLIOTECA (5º E.I.)



















O pasado xoves foi o noso primeiro día da biblioteca, comezamos a coñecer as normas da biblioteca para poder ir na vindeira semana a buscar o libro para levar a casa.
Somos a clase de 4 anos (5º E.I.) e comenzamos facendo os nosos manteis para merendar, estas fotos son da primeira semana do cole.








20.9.16

A primeira semana

A primeira semana na escola tivemos que oraganizar moitas cousas.
Unha delas foi elexir as gavetas onde colocar os traballos individuais. Para iso medímonos e escollímolas en función da nosa altura.

 


























Tamén falamos sobre que 15 responsibillidades semanais poderiamos ter na clase, así sairon as seguintes:

2 encargados da mochila viaxeira
2 encargados de patio
2 matemáticos
1 encargado das rutinas
1 maquinista do tren e contacontos
1 encargado das palabras ( xogo das rutinas)
1 encargado da mesa hexagonal
1 encargado da mesa cadrada
1 encargado da mesa restangular
1 bibliotecario
1 reportero fotógrafo
1 encargado da orde e da limpeza

Como xa somos os maiores de infantil fixeron varias asembleas para decidir que cousas queremos aprender este curso, temas para investigar, ou xogos divertidos para facer, algunas das respostas foron as seguintes:
- Facer carreiras de coches e motos.
- Xogar con serpes, elefantes, tigres...
- Visitar a Casa das Ciencias, que hai un planeta de mentira.
- Facer una barca de madeira.
- Un mural con pintura de dedos
-Xogar a puzles, xogar nos recunchos...
- Investigar as galaxias
-Saber onde están as estrelas cando é de día.
-Facer un castelo xigante.
- Un panel de números e letras.
- Un cartel cos números do 1 ó 100
- Investigar as estrelas.
- Facer un teatrillo de cartón con monigotes do espazo.

Todas estas cousas intentarémolas facer, é importante que vexan que a súa opinión é importante e tela en conta!!!






 

12.9.16

BENVIDOS


BENVIDOS/AS: comeza un novo curso cheo de ilusión e ganas!!!!!
 
   O ÉXITO É A SUMA DE PEQUENOS ESFORZOS, REPETIDOS DÍA TRAS DÍA.