28.9.16

INICIAMOS PROXECTO: O ESPAZO

Ó comezo de curso, ó falar nas asembleas que queríamos aprender e investigar xurdiron varias propostas sobre o espazo: ir ó planetario, investigar as galaxias... e unha hipótese concreta: Por qué non podemos ver as estrelas cando é de día?
Dixeron que as estrelas non se ven porque están detrás da lúa, dentro do sol, que están no ceo, , que están no espazo, que de noite si se ven...

Este luns a primeira hora, na subida as aula, atopamos un camiño de estrelas de diferentes cores e numeradas. Saltamos de unha a outra ata á última, a alí estaba a nosa sorpresa, un TELESCOPIO!!!!! Algúns nenos e nenas dixeron que servía para ver o ceo, o sol, a lúa, as estrelas... miramos por el, por todas as mirillas que atopamos, ata descubrir por onde era o sitio correcto. Estabamos moi ilusionados, así que baixamos ó patio a mirar por el e descubrir algo, pero o ceo estaba cheo de nubes, aínda que algún neno asegurou ver a lúa.
Unha vez na clase, e traballada a hipótese na semana anterior, anotamos onde poderiamos buscar información dixeron: na biblioteca,en internet e en casa. Así pois, fumos á biblioteca do cole, pero estaba ocupada, volvimos a clase e buscamos por internet onde descubrimos que as estrelas non se ven de día por que... hai moita claridade pola luz do sol!!! Seguindo na pantalla, e por iniciativa dos peques, debuxamos cousas que estaban no espazo: a lúa, as estrelas, o sol e a Terra.
Para pedir información ás familias fixemos votacións de entre todas as ideas que deron sobre a forma da nota: cadrado, rectángulo, círculo, rombo, esfera, poliedro, cubo, óvalo, calavera, estrela, cilindro... fixemos varias votacións ata que gañou a estrela contra o cilindro por 12 a 0.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario