31.10.16

PANTASMAS DE CHOCOLATE (5º E.I.)

O pasado xoves quixemos festexar o Samaín cunhas ríquisimas piruletas de pantasmas. Para iso fumos a cociña e investigamos como poderíamos convertir unha onza de chocolate branco nunha pantasma, despois de darlle moitas voltas e incluso algún un pequeno mordisquiño... alguén propuxo que tiñamos que derretir o chocolate, así que nos puxemos a traballar. Todas as imaxes as podedes ver premendo no seguinte enlace: piruletas de pantasmas.

30.10.16

MAGOSTO (5º E.I.)

O pasado venres festexamos a festa do Magosto e mentras preparaban as castañas fumos o centro cívico ver a película Hotel transilvania. Foi moi divertido porque cada un tiña a súa entrada e buscamos o noso asiento, como os cines de verdade!


Despois xa comimos as castañas no cole e saímos xogar ao patio con todos os nosos compañeiros.


 

CONCURSO DE CABAZAS

Rematada a semana de lecturas terroríficas, pechouse a mesma entregando os premios as mellores cabazas, sendo as gañadoras:
  • Premio a Cabaza máis actual para BABEL de 6º E.I.
  • Premio a Cabaza máis cómica para ALMA de 1º E.P.
  • Premio a Cabaza máis orixinal para MARTA A. de 4º E.P.
  • Premio a Cabaza máis terrorífica para ISMAEL de 5º A E.P.
O vídeo resumo de toda a celebración do Samaín o tedes no blogue da biblioteca. 
 

 

28.10.16

MAGOSTO (4º E.I.)

Hoxe celebramos o Magosto con todo o cole. Os nenos e nenas de infantil xunto cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fomos o cine no centro cívico de Malpica a ver Hotel Transilvania 1, gustoulles moito e poratronse moi ben no cine.
Despois da película xogamos un pouco no patio mentres acaban de asar as castañas. Estaban moi ricas, Dar as grazas as/os profes que se encargaron de asalas. 


SAMAÍN

O xoves tivemos a visita de dúas pantasmas que  contaron o conto dunha pantasma que se sentía soa e buscaba compañía. Contaronno  a escuras cunha linterna coma único punto de luz. Unha vez rematado metimos as mans nunhas bolsas coma sorpresa tiñan chuches de samaín (cabazas, cerebros, etc...). E, para rematar coloreamos unhas pantasmas para casa e convertímonos e bruxiños e bruxiñas.



Podedes  ver máis  fotos  premendo no seguinte enlace: A fantasma cuadriculada

26.10.16

ESCORNABOTS (5º E.I.)

Hoxe chegaron a clase por primeira vez os escornabots, non sabíamos o que eran e pensamos que eran coches, motos... pero, finalmente, descubrimos que eran uns robots, pero uns robots moi especiais que íbannos axudar a repasar as figuras xeométricas, aquí podedes ver o ben co pasamos con eles: escornabots

 

25.10.16

CABAZAS (5º E.I.)



















Estas son as cabazas dos nenos e nenas de 4 anos.

A PANTASMA COMEMEDOS (5º E.I.)



Hoxe actuamos dentro da Semanda Terrorífica organizada pola Biblioteca, cantamos unha canción inventada pola mestra de Música titulada "A pantasma comemedos" e este foi o resultado:

samain 2016 from Sandra on Vimeo.

24.10.16

ACTIVIDADES OUTONALES (4º E.I.)

Coas cousas que trouxeron os nenos e nenas fixemos estas actividades: experimentar co tacto o que é rugoso, suave ou pincha (algún deuse conta que o erizo da castaña ben que pincha e outros non quixeron tocalo porque xa o sabían); unha árbore coas nosas mans e dedos; preparar unha árbore de outono; etc... Seguiremos, pouco a pouco, facendo máis cousiñas. Cando a árbore estea rematada mostrareina. E outra vez moitas grazas por todo que recollíchedes e fixéchedes cos nenos.




23.10.16

Figuras xeométricas con PAUL KLEE (5º E.I.)

Ademais o cadro que estamos traballado, Bailando por miedo de PAUL KLEE, serviunos para traballar as formas xeométricas e reproducir o cadro cos bloques lóxicos.

BAILANDO POR MIEDO EN CORES FRÍAS E CÁLIDAS

A mascota da biblioteca, Leo, propúxonos unha actividade moi divertida, titulada Cámbiache ben o conto! Para iso tiñamos que escoller un cadro e transformalo, pintándoo con cores fríos e con cores cálidos. Desta maneira, escollimos o cadro que xa estabamos traballando Bailando por miedo de Paul Klee. Traballamos os cores, clasificándoos, combinándoos... e, despois, escollimos quen os pintaba con cores fríos e quen con cores cálidos. Cando xa estiveron todos feitos inventamos unha historia para cada un deles. No seguinte vídeo tedes un resumo de toda a actividade.


Paul Klee - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E estas son cada unha das historias que entre toda a clase inventamos.


CADRO DE CORES FRÍAS _ EXCURSIÓN AO POLO NORTE
Estando un grupo de amigos, mamás e papás cos seus fillos, decidiron facer unha viaxe. Non sabían a onde ir e discutían, levantando a man, porque cada un quería ir a un sitio diferente. De repente, alguén suxeriu que poderían facer unha expedición ao Polo Norte e a todos pareceulles unha idea estupenda. Fixeron as maletas e subíronse ao avión para comezar esta nova aventura. Cando chegaron quedaron encantados con aquela paisaxe, todo era branco e fermoso pero comezaban a sentir o frío a pesar de que estaban moi abrigados. Levaron un bo susto xa que atoparon uns lobos “polares” que mostraban os seus dentes afiados pero, por sorte, puideron escapar deles. Ao día seguinte encontraron unha pista de patinaxe e… que risas porque había un can patinando, así que todos quixeron patinar con el,  tanto os maiores como os pequenos.  Tan ben o estaban pasando que quitaron os abrigos pero pouco a pouco comezaron a sentir o frío e non poder moverse, quedaran xeados. Que farían agora? Menos mal cunha mamá non quitara o abrigo e aínda podía moverse un pouco, así que chamou a un helicóptero de bombeiros, que pronto chegaron, estes fixeron unha lume moi grande e foron arrimando a cada un dos patinadores para que así puideran comezar a moverse. Desta maneira, o que aprenderon é que non se pode quitar os abrigos aínda que pareza que fai calor.

CADRO CORES CÁLIDAS _ EXCURSIÓN A ILLA VOLCÁNICA
Un grupo de excursionistas decidiu facer unha viaxe a unha illa moi bonita que tiña un volcán que querían ir visitar. Para iso tiñan que levar todo o que precisaban para escalar e para acampar pola illa. Chegaron a illa en barco e xa buscaron un sitio onde montar o seu campamento. De noite comezaba a facer moito frío e fixeron un lume pero algún dos excursionistas acercáronse demasiado e case queimasen. O día seguinte colleron as súas cousas e comezaron a subir polo camiño, xa que querían chegar ao borde do volcán e ver a lava. Cando estaban no medio do camiño sentíronse uns ruídos e tiveron que poñerse a resgardo porque comezaban a caer pedras grandes. O volcán entrou en erupción, a lava caía ladeira abaixo e queimaba todo o seu paso, así que tiñan que escapar correndo desa illa rapidamente. Baixaron correndo e subíronse ao barco pero este era un velero  e non había vento, como marcharían da illa? De repente comezou unha gran tormenta, que xunto coa lava que caía e as rochas era unha paisaxe que daba moito medo pero que fixo mover ao barco moi rápido e así poder escapar desa lava que tanto queimaba. Desta maneira, puideron chegar cada un as súas casas e poñerse a salvo.

19.10.16

Bailando por miedo de PAUL KLEE (5ª E.I.)



Onte chegou a clase este cadro misterioso que non sabíamos nada del. Primeiro estivemos observándolo para descifrar se eran persoas que estaban correndo, bailando... Despois imitamos a posición das figuras tanto coa luz encendida como coa luz apagada para ver cales eran as nosas sensacións.













 Descubrimos que nesa postura o que facíamos era bailar e despois con música de medo xa supemos que no cadro estaban bailando por medo, sendo así o título de dito cadro. Finalmente, fixemos as nosas propias produccións imitando a PAUL KLEE.


O resumo de toda a sesión e de todos os traballos o tedes premendo no seguinte enlace: Bailando por miedo.

17.10.16

OUTONO (4º E.I.)


Moitas grazas polas aportacións para o outono. Agora comezaremos a facer actividades con todo o que troxeron os peques.



APORTACIÓNS OUTONO (4º E.I.)

Pequena mostra das primeiras aportacións do outono que trouxeron os nenos e nenas.




7.10.16

CONTO NA BIBLIOTECA (4º E.I.)

Onte despois do recreo fomos á bilbioteca a escoitar o conto de "Cocorico" contado por unha nena e neno de educación primaria. Gustoulles moito, estiveron moi caladiños e sentadiños.








6.10.16

MEDO AOS CARACOIS (5º E.I.)

Un dos primeiros medos que estamos traballando é o medo aos CARACOIS da nosa compañeira Noa. Desta maneira, trouxo un caracol a clase e estivemos investigando sobre el. Sabemos que ten os ollos nas antenas, que come follas verdes frescas, que leva a súa casa no lombo...

















Como nos gustou tanto quixemos facer os nosos propios caracois de plastilina e este foi o resultado.




















E estamos aprendendo unha canción e un baile sobre O caracaol dun poema de Manuel María, aquí vos deixo o vídeo para que practiquedes na casa:



CUMPREANOS DANIEL E AINHOA (5º E.I.)

Hoxe festexamos os primeiros cumpreanos do curso, Daniel e Ainhoa cumpriron 4 anos e para celebralo entre todos fixemos dous biscoitos de limón, que estaban riquísimos, non quedaron nin as migas.. aquí tedes un vídeo resumo de todo o proceso.


DE QUE COR É O MEDO?

Seguimos co noso proxecto do medo e esta vez imaxinamos de que cor podía ser, cal o representaba mellor... E este foi o resultado, podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: cor do medo.



ESCRIBIMOS O NOSO NOME

O luns escribiron por primeira vez o nome na PDI. Fixéronno fenomenal, cada vez que un neno ou nena remataba dímoslle un grande aplauso. Foi unha aproximación a lecto-escritura. Fixeron unhas obras de arte da escritura.




4.10.16

CELEBRAMOS ANIVERSARIOS DE SETEMBRO: ALEXIS E ADRIÁN


Para celebrar os aniversarios de Adrián e Alexis fixemos na cociña un par de biscoitos, un de chocolate e outro de limón, o que máis lles gustou foi o de chocolate. Na hora da merenda ademáis de comelos, regalamolles ós protas bicos e apretas.Pasámolo en grande!!!

ESTRENAMOS ENCERADO NO PATIO


Esta semana baixamos ó patio e comezamos a utilizar a nova parede pintada con pintura pizarra, están encantados!!!!!




3.10.16

1ª SEMANA DESPOIS DA ADAPTACIÓN

Durante a primeira semana con horario completo fixemos moitas cousas, traballar o noso nome en puzzle, aprender o número 1, ir a biblioteca a ler contos e aprender que na biblioteca temos que estar moi calados para non molestar os contos e libros que hai, porque senón póñense maliños e temos que levalos ao médico, e iso non o queremos porque quedamos sen contos.