A semana pasada e onte, aproveitando as cousas de outono que trouxeron os nenos e nenas, debullamos millo e logo cos grans traballamos as figuras xeométricas círculo, cadrado e triángulo; e, os conceptos dentro, fora e encima ou sobre unha raia. Foi moi motivador e aprenderon de forma máis lúdica todos estes conceptos, de maneira que, unha profe do cole díxolles que o cículo era coma un prato de millo e os nenos contestaron que non que era dentro; ji, ji, ji.
No hay comentarios:
Publicar un comentario