Seguindo co noso proxecto e para superar o medo a oscuridade, trouxemos a clase un castelo!!! Primeiro investigamos quen vive nos castelos na fantasía e tamén quen vive nos castelos na realidade. Despois, entre todos propuxemos unha serie de normas, como por exemplo, que non poderían estar máis de dous nenos, que soamente o empregaremos para ler un conto e non podemos berrar dentro del... Desta maneira, collemos un libro na biblioteca, tamèn a lanterna e entre dous lemos un contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario