20.12.16

COCADAS DE NADAL (5º E.I.)

MINDFULNESS (5º E.I.)

Esta semana comezamos cunha pequena relaxación desta nova técnica chamada mindfulness, seguindo as indicacións recollidas no libro "Tranquilos y atentos como una rana. Mindfulness para niños". O mindfulness (o conciencia plena) é estar conscientemente presente, prestar atención, momento por momento, repercutindo os seus beneficios nos nenos e nenas xa que axúdalles a mellorar o aprendizaxe, a atención, a creatividade e o rendemento académico; a concentrarse mellor e ignorar as distraccións; a regular as emocións, encontrar a tranquilidade... Pouco a pouco iremos traballando todas estas cousas e estas son as fotos da primeira sesión.
7




ESCORNABOTS NAVIDEÑOS (5º E.I.)

Estes días aproveitamos para seguir traballando cos escornabots, eses pequenos robots cos que aprendemos tantas cousas sen darnos conta. Fixemos un taboleiro sobre o nadal e para saber como tiñamos que mover o escornabot, tirábamos un dado xigante e a imaxe que saía era onde o tíñamos que desprazar. Cando rematamos todos, xogamos por equipos co beebot, co taboleiro dos números, da granxa... foi moi divertido. Todas as fotos as podedes ver no seguinte enlace: escornabots nadal.







VISITA DOS REIS MAGOS (4º E.I.)

Hoxe visitáronnos os Reis Magos no cole porque foron nenos e nenas moi bos tanto no cole coma na casa. Entregámoslle a nosa carta, déronnos uns caramelos e logo quitamos unha foto con eles. Algúns non quixeron acercarse aos reis e fixemos a foto dende a distancia. Ao final conseguimos que todos teñan unha foto coas súas maxestades os Reis Magos de Oriente, algún non houbo maneira que mirara a cámara, pero polo menos sae cos reis.


19.12.16

ÁRBORE DE NADAL (4º E.I.)

Os nenos e nenas de 3 anos fixeron adornos de Papá Noel para poñer na nosa árbore de outono, polo que está vestida de outono máis de nadal.


CARTA AOS REIS MAGOS (4º E.I.)

A semana pasada fixemos a carta aos reis magos. Coloreamos a carta e logo vimos catálogos de xoguetes e escollimos dous porque se collemos moitos non deixamos para aos demais nenos e nenas do mundo. Ao principio parecíalles pouco pedir, pero entenderon que hai máis nenos e nenas que tamén queren pedirlle xoguetes aos reis.




14.12.16

PROXECTO "O MEDO" (5º E.I.)


Rematamos o proxecto deste primeiro trimestre ,"O MEDO", e como xa superamos moitos dos nosos medos recibimos un diploma e así convertímonos en SUPERVALENTES.


11.12.16

A PANTASMA COMEMEDOS

Xa chegou o momento de despedirnos da pantasma comemedos porque xa temos superados moitos dos nosos medos e rematamos este proxecto tan fascinante. Desta maneira, cada un decorou a súa propia pantasma para poder levalo para casa e entre todos decoramos a pantasma da clase para que estivera máis festivo e agora xa non da nadiña de medo. Todas as fotos premendo na seguinte imaxe.

https://goo.gl/photos/WtUeQwU1UQdqzVNH9


 

8.12.16

Pollock:o goteo

A principal técnica artística utilizada por Jackson Pollock era o goteo, así que puxemos mans á obra para facer arte deste modo tan divertido e especial!!







 


5.12.16

MANUALIDADES NADAL (4º E.I.)

Xa estamos en decembro, mes de nadal. E, xa empezamos facendo manualidades da época. A primeira que fixemos foi coa man, pintura e pincel.


1.12.16

MONSTROS QUE NON DAN MEDO (5º E.I.)


Esta semana tocoulle o turno os monstros que non dan medo, porque soamente están nos nosos soños e na nosa imaxinación, por eso cada uno de nos pode imaxinar o seu monstro como queira. Desta maneira, pasámolo en grande facendo os nosos propios monstros con miles de ollos, plumas, pernas e patas... Podedes ver todas as fotos premendo no seguiente enlace: Monstros.