29.11.16

28.11.16

Pollock: pintamos soplando con palliñas

Antes de facer as nosas obras de arte, utilizando palliñas, xogamos a soplar, levando unas boliñas de polispán entre os camiños.Encantounos o xogo, e xa está disponible nun recuncho da clase. Despois fixemos os cadros, e aínda que non temos fotos pois estábamos moi ocupados, podemos mostrar o traballo final!!!











 

ÁRBORE SEN FOLLAS (4º E.I.)

O outro día volveron a clase do recreo e había unha árbore na pizarra. Observámola durante un anaco e, logo, pregunteilles coma estaba a árbore, e dixeron que triste porque non tiña follas, xa que estamos no outono e hai árbores que quedan sen follas durante esta estación do ano. Entón desfillemos follas secas e logo pegámolas no chan. E así quedou a nosa ábore.




26.11.16

CUMPREANOS NOA E ALEJANDRO (5º E.I.)

LUZ NA ESCURIDADE (5º E.I)

Estamos intentando superar uns dos nosos últimos medos, o medo a escuridade, e para iso vimos un conto moi chulo, El buho que tenía miedo a la oscuridad, onde explica que se nunca estivera oscuro non poderíamos ver os fogos artificiais, a lúa, as estrelas...




E nos quixemos converter a escuridade en fermosa facendo uns murais moi coloridos.















Ademais tamén fixemos unha actividade plástica para comprobar que a escuridade pode ser divertida. Pintamos cunha cera negra un cuartilla de cartulina, pero tiña que estar toda toda negra, despois fixemos un debuxo picando a cartulina cun punzón, para finalmente ver os nosos debuxos coa luz do retroproxector.




Para rematar estivemos divertíndonos facendo sombras na pantalla. Podedes ver todas as fotos deste traballo premendo no seguinte enlace: Luz negra.

25.11.16

POLLOCK: PINTANDO CON PALILLOS

A pasada semana descubrimos a Pollock, encantounos este artista por que utiliza técnicas moi divertidas!!! Intentamos recrear unha das súas obras pintando con palillos, pasámolo en grande!!!





23.11.16

EL GRITO DE MUNCH (5º E.I.)

Esta semana comezamos a traballar o cadro "El grito" de Munch, xa que aparece unha persoa moi asustada e non sabemos porque. Desta maneira, o primeiro que fixemos foi analizar porque ten esa cara de susto e apareceron ideas moi diversas: unha pantasma, unha ola xigante, uns policías, unha tormenta... Despois cada un de nos puxemos esa cara de susto, xa que pintamos o cadro e sustituimos a súa pola nosa, foi un proceso moi divertido.
Se queredes ver todo o proceso de creación dos cadros, premede no seguinte enlace: "El grito" de Munch.


Con a cara de susto fixemos uns gift moi divertidos, e premendo na seguinte imaxe podedes ver cada un deles.

https://goo.gl/photos/bzquiJ5yhNVB5sA79

22.11.16

DEBULLANDO MILLO (4º E.I.)

A semana pasada e onte, aproveitando as cousas de outono que trouxeron os nenos e nenas, debullamos millo e logo cos grans traballamos as figuras xeométricas círculo, cadrado e triángulo; e, os conceptos dentro, fora e encima ou sobre unha raia.  Foi moi motivador e aprenderon de forma máis lúdica todos estes conceptos, de maneira que, unha profe do cole díxolles que o cículo era coma un prato de millo e os nenos contestaron que non que era dentro; ji, ji, ji.  


21.11.16

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO E NOVEMBRO

Para celebrar os aniversarios fixemos unha receita...Pastel de castañas!!! Estaba boísimo e non sobrou nada!!!Moitas felicidades Alonso, Antía e Iker, xa tedes 5 anos!!!!

17.11.16

EXPERIMENTO FANTASMAL

TANGRAM DE LOBO (5º E.I.)

 Superamos xa o medo aos lobos, igual que Carmona, e rematamos realizando un lobo coas pezas do tangram e xogando en informática a "El libro del lobo", se premedes enriba tamén podedes xogar dende casa.


OUTONO FOTOGRÁFICO


Este é o mural do Outono fotográfico que fixemos entre todo o centro e que agora adorna unha das paredes, encantounos poder buscarnos e atopar tamén aos nosos amigos, irmáns...


LOBOS NA BIBLIOTECA (5º E.I,)


Onte estivemos buscando lobos nos contos porque non podíamos crer que todos foran tan malos, así que fumos a biblioteca e investigamos os lobos que alí aparecían e encontramos un montón. Había lobos que mordían porque tiñan fame, outros que axudaban os nenos, outros que daban de comer as ovellas... foi unha xornada moi divertida e podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: lobos nos contos.
Ademais encontramos as ilustracións dos tres cerditos que foron pintados por outras mestras e estivemos recompoñendo a historia na clase.

14.11.16

VISITA A CASA DAS CIENCIAS (4º E.I.)

O venres 11 de novembro fixemos a nosa primeira excursión do curso a Coruña, visitamos a casa das ciencias no parque de Santa Margarita e tamén subimos o planetario. Pasáronno moi ben e portáronse xenial, así que podemos repetir. O que sí algún veu tan cansado que durmiu todo o camiño de volta ou quedouse durmindo durante o traxecto.



MARIÑEIROS (4º E.I.)

A semana pasada acabamos de decorar a nosa porta da clase, primeiro colorearon uns mariñeiros e puxeron  a súa foto e logo pintamos con rodillo e pinceis o mar e o barco. Eliximos este tema porque somos dunha vila mariñeira e algúns pais e nais da clase teñen un traballo relacionado co mar. Agora cando veñades ao cole  recoñecéredes a nosa aula sen ningún problema.


12.11.16

EXCURSIÓN A CORUÑA (5º E.I.)

O pasado venres, 11 de novembro, fixemos a nosa primeira excursión do curso. O destino era Coruña e primeiro fumos visitar a Torre de Hércules, aproveitando co tempo acompañaba e, despois, fixemos unha parada no Museo de Arte Contemporáneo (MAC). Neste último o pasamos xenial, xa que contáronos unha historia dunha nena que lle tiña moito medo os lobos e o doutor doulle unha chocolatina coa cara dun lobo para superar o seu medo. Desta maneira, fixemos as nosas propias chocolatinas coa cousa que mais medo nos daba. Mentras endurecía o chocolate fumos ver diversas obras de arte, todas elas moi distintas: fotografías, esculturas... e, finalmente, papamos o chocolate que estaba riquísimo.

10.11.16

BICOS DE MÚSICA (5º E.I.)

A última aportación que fixemos a caixa da música, foi a canción "Bicos de Música" de Mamá Cabra e todos confesaron con bicos que lle quitan todos os medos antes de ir a durmir, son os de MAMÁ.

CERAS PRANCHADAS (5º E.I.)

Seguimos experimentando con novas técnicas plásticas dentro do proxecto do cole: pintamos moito! e esta vez derretivos ceras brandas e despois pranchámola saíndo diferentes formas, algunhas incluso parecendo pantasmas e monstros. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ceras pranchadas.


O XOGO DA PANTASMA (5º E.I.)

O pasado venres estivemos xogando a un xogo que encantounos. Bailamos por toda a clase e cando paraba a música nos sentamos no chan sen mirar, tapaba a un deles cunha sábana como se fora unha pantasma e o resto da clase tiña que adiviñar quen era. Foi moi divertido!





 

LECTURA NO CASTELO (5º E.I.)

Seguindo co noso proxecto e para superar o medo a oscuridade, trouxemos a clase un castelo!!! Primeiro investigamos quen vive nos castelos na fantasía e tamén quen vive nos castelos na realidade. Despois, entre todos propuxemos unha serie de normas, como por exemplo, que non poderían estar máis de dous nenos, que soamente o empregaremos para ler un conto e non podemos berrar dentro del... Desta maneira, collemos un libro na biblioteca, tamèn a lanterna e entre dous lemos un contos.



 

7.11.16

ÁRBORE OUTONAL (4º E.I.)

Este é a nosa árbore de outono xa rematada. Púxemola no pasillo para que todo o mundo vexa o bonito que quedou.