18.1.17

O CIRCO VIAXA POR TODO O MUNDO (5º E.I.)

Onte descubrimos co circo viaxa por todo o mundo e que, ademais, o fai en caravana. Así estivemos observando a bola do mundo e libros que falaban sobre este tema. Despois fixemos catro caravanas e axudados por vídeos con imaxes de países do mundo, deixamos flotar a nosa imaxinación facendo unha parada en cada un destes fabulosos sitios, foi moi emocionante.




Por último estivemos xogando co escornabot e o mapa do mundo, xa que si viaxábamos en caravana non podíamos cruzar polo mar. Foi moi divertido porque moitas veces caíamos no mar e perdíamos, estamos deseando poder facer outro día a mesma actividade. Podedes ver todas as actividades no seguinte enlace: viaxar polo mundo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario