27.1.17

VISITA DE FAXPG

O pasado mèrcores estivo no cole a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Fixéronnos unha visita  con motivo do Día da Paz, xa que este ano decidimos traballar a inclusión de todos os nenos e nenas para dita conmemoración, empregando ademáis a canción de "Todos somos capitáns" de Magín Blanco que está interpretada tamén en lingua de signos. Foi unha visita moi gratificante xa que contáronnos dous contos en lingua de signos e aprendimos moitas palabras signadas: porquiño, casa, lobo, coello, marchar... Tamén traballamos o respecto polas diferencias das outras persoas, xa que todos somos iguais e non podemos reírnos de ninguén. Todos somos capitáns, compañeiros de lugar, ti sorrís coma nós porque somos coma vós!





No hay comentarios:

Publicar un comentario