23.2.17

CHULAS DE CABAZA (5º E.I.)

A nosa receita do entroido foi estas riquísimas chulas de cabaza co principio ninguén quería probar e despois non deixaron nin a mostra, aquí tedes un resumo da xornada de cociña.


17.2.17

CORAZÓNS ENAMORADOS, CORAZÓNS CENTRIFUGADOS (5º E.I.)

Hoxe, Día dos namorados, aproveitamos para experimentar sobre a forza (a forza do amor). Para este experimento usamos un aparello que soemos ter nas cociñas e que empregamos para secar os alimentos. Primeiro descubrimos como, de verdade, se metemos un alimento mollado neste aparello logo sae seco.
Despois introducimos uns corazonciños de cores e unhas gotiñas de pitura e... xira que xira, volta que volta, forte moi forte os nosos corazonciños PERDERON O NORTE.





BOTERO (5º E.I.)

Esta semana comezamos a traballar o pintor, escultor e debuxante colombiano FERNANDO BOTERO. Primeiro estivemos analizando os seus cadros a través dunha presentación de power point, quedándonos claro que Botero pinta obxectos e persoas con volumen.



Fernando Botero de Salesianos Santander


Ampliando esta información cun conto de ZAMBA, visita o museo de Botero:



Despois estivemos traballando como nos dibuxamos nos  e como nos dibuxaría botero, quedando resultados moi simpáticos.



E o xoves convertémonos en pintores e escultores reproducindo algunha das obras de Botero, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: botero.

16.2.17

AUTORRETRATOS 2 (4º E.I.)

Despois de traballar o autorretrato de diferentes maneiras, volvemos mirarnos no espello para intentar facer de novo o noso autorretrato sobre papel. Con respecto o primeiro hai diferencia, algúns non só debuxaron a súa cara senón tamén o corpo. Encantalles mirarse no espello.


CARAS NA CAIXA DE LUZ (4º E.I.)

Seguimos traballando o autorretrato, esta vez completando unha cara con ollos, nariz e boca na caixa de luz. Empregamos botóns, tapóns, limpiapipas, ollos, narices e bocas de papel. Houbo moitos tipos de caras: bizcas, boca grande, ollos diferentes, etc.


FACENDO CONFETI (4º E.I.)

Facendo confeti practicamos a recortar coas tesoiras e tamén preparámonos para o entroido. Algún concentrouse moito na tarefa, púxolle moito interese. E, á hora de recoller os papeis que nos caeron o chan, apuntaronse todos sen ningún problema.




OS NOSOS GUANTES (4º E.I.)

Traballamos diferentes partes do corpo a través de pezas de roupa  que poñemos para abrigarnos cando vai frío. Traballamos os guantes coloreándoos e logo facendo unha adiviña, para finalmente debuxar as nosas mans e facer folerpas de neve por fora dos guantes.




14.2.17

O NARIZ DE TITO NA CAIXA DE LUZ (5º E.I.)

Para rematar con Tito e coas figuras xeométricas, o pasado venres estivemos experimentando como poden ser os obxectos según deixen pasar a luz ou non e para iso empregamos as figuras xeométricas coas que levamos traballando toda a semana. As luces proviñan dunha lanterna e tamén da "caixa de luz".
Descubrimos que hai obxectos OPACOS como as partes do corpo, o cartón groso... logo descubrimos que tamén outros obxectos deixan pasar a luz e, polo tanto, son TRANSLÚCIDOS como o plástico fino, o papel celofán de cores...
E, por último, atopamos obxectos que ademais de deixar pasar a luz tamén pódense ver a través deles, son TRANSPARENTES como o celofán sen cor, os vasos de cristal... podedes ver todas as fotos deste fabulosos experimente premendo no seguinte enlace: Figuras xeométricas na luz.

12.2.17

VISITA DE PAULA: SISTEMA SOLAR ( 6º EI )


O venres, Paula, a mamá de Alba, estivo na clase para ensinarnos unha sorpresa que ambas fixeron na casa. Trouxeron unha maleta, así que todos estábamos expectantes e cando por fin o abriron, descubrimos O SISTEMA SOLAR!!!! Explicáronnos un montón de cousas sobre os planetas, pero tamén varias dúbidas que teremos que investigar. Cando pensábamos que xa acabara a visita, resulta que NON xa que tiñan outra sorpresa... UN XOGO!!!! Trouxeron un panel cos debuxos e nomes dos planetas, e tiñamos que resolver as adiviñas para poder saber de que planeta se trataba e colocalo no panel co debuxo e o nome do planeta correspondente, non sen antes descubrir en que órbita exacta se move. Foi moi divertido, moitísimas grazas a ata a próxima!!!

10.2.17

TITO, EL MALABARISTA (5º E.I.)



Esta semana estivemos traballando este precioso conto que nos prestou a mestra Marta. Conta como Tito perde o seu nariz e está moi triste porque non atopa unha igual pero o final o dono de circo explícalle que el é moi importante e especial con nariz ou sen ela. Así que, esta semana traballamos as figuras xeométricas, debuxamos a Tito e lle dimos un nariz novo e tamén nos caracterizamos como el, dando como resultado este mural tan chulo. 


Podedes ver un resumo de todas as actividades desta semana no seguinte vídeo:


9.2.17

PROFESIÓNS DO CIRCO (5º E.I.)

Dentro do proxecto do circo, estamos estudiando e investigando cada unha das profesións que existen dentro do circo e para poder comprobar realmente como traballan baixamos a psicomotricidade a experimentar coas pesas dos forzudos e cos malabares. Cos primeiros non tivemos moito problema e fixemos carreiras de quen terminaba antes pero como malabaristas... podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: profesións do circo.


EXPERIMENTO FORZUDO (5º E.I.)


Traballando os forzudos do circo quixemos facer un experimento que implicara a forza e a resistencia, neste casa duns ovos. Comprobamos como resistía diferentes obxectos enriba deles e como nos eramos incapaces de rompelos. Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: experimento forzudo.

4.2.17

MURAL DA PAZ


No ciclo de Educación Infantil tamén quixemos conmemorar o Día da Paz co noso mural particular, onde facemos maxia para que a paz se faga e da nosa chistera salen pombas con mensaxes de Paz.
As fotos de 5º E.I. podedes verlas no seguinte enlace: mural da paz.

2.2.17

DÍA DA PAZ




O luns 30 de xaneiro conmemoramos o  Día da PAZ. Este ano traballamos o aspecto da inclusión e aprendimos esta canción de Magín Blanco en lingua de signos baixando a cantala todos xuntos o patio.



SUMAMOS COELLOS (5º E.I.)

A semana pasada estivemos traballando os magos de circo e vimos vídeos nos que sacaban moitas pombas e coellos da súa chisteira, así que como quixemos comezar a sumar os coellos, iniciándonos así no mundo das sumas. Podedes ver todas as fotos da actividade no seguinte enlace:suamamos coellos