12.2.17

VISITA DE PAULA: SISTEMA SOLAR ( 6º EI )


O venres, Paula, a mamá de Alba, estivo na clase para ensinarnos unha sorpresa que ambas fixeron na casa. Trouxeron unha maleta, así que todos estábamos expectantes e cando por fin o abriron, descubrimos O SISTEMA SOLAR!!!! Explicáronnos un montón de cousas sobre os planetas, pero tamén varias dúbidas que teremos que investigar. Cando pensábamos que xa acabara a visita, resulta que NON xa que tiñan outra sorpresa... UN XOGO!!!! Trouxeron un panel cos debuxos e nomes dos planetas, e tiñamos que resolver as adiviñas para poder saber de que planeta se trataba e colocalo no panel co debuxo e o nome do planeta correspondente, non sen antes descubrir en que órbita exacta se move. Foi moi divertido, moitísimas grazas a ata a próxima!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario