6.4.17

AMIZADE CON MENIÑOS (5º E.I.)

A través das actividades que nos propuxeron dende Meniños son moitas as habilidades sociais que estamos traballando e neste ocasión tocoulle o turno a amizade. O primeiro que fixemos foi a nosa silueta da amizade, explicando que cando somos todos amigos estamos todos xuntos e contentos como as nosas siluetas pero que cando nos enfadamos cun amigo ou amiga separámonos, igual cos nosos bonecos e se queremos que se volvan a xuntar hai que resolver o voso conflicto. Ademais  fixemos algúns xogos cooperativos para reforzar esta amizade, algún deles foron as cadeiras musicais cooperativas, o tren da amizade e o baile da compenetración, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: siluetas da amizade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario