23.5.17

VISITA DE PAULA E PAMELA ( 6º EI )

Hoxe O oso Paco ( Paula, mamá de Alba) e Luna ( Pamela, mamá de Adrián) estiveron na nosa clase, interpretando o conto Somos Amigos. Tratamos o valor da amizade a través de accións que viven as personaxes, e despois de esta actuación moi divertida e entretida, fixemos o xogo da amizade, no que tiñamos que decir cousas positivas sobre o compañeiro/a que nos tocou ( previamente puxemos o nome en gomets de cores e asociámonos polas cores iguais). Despois presentamos os caixóns das cousas bonitas, que terá un lugar importante na clase ata que remate o cole, e finalizamos a visita cantando e bailando Apretas que voan de Paco Nogueiras. Moitísimas grazas pola visita, estivemos encantados!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario