28.6.17

FIN DE CUSO 2016/2017

Chegamos a fin deste curso graduando os nenos e nenas de 6º E.I. e de 6º E.P. que cada un deles comeza unha nova etapa nas súas vidas. Tivemos a sorte de contar con Lydia Botana que nos fixo saltar, bailar e cantar con seu disco "De aquí para alá" e nos amenizou coa súa música este último día de curso. Ademais acompañáronos as familias participando nos xogos populares que tivemos no patio e visitando os traballos realizados durante este ano. O resumo desta estupenda xornada o podedes ver no vídeo que segue e máis fotos premendo no seguinte enlace: II Día da familia. Pola nosa parte soamente desexarvos un 

FELIZ VERÁN!



Fin curso 2017


                      E  VOLVEMOS  EN SETEMBRO

LIBRO DA VALENTÍA (4º E.I.)





LIBRO DO ENFADO (4º E.I.)




MURAL DE MON LENDOIRO (4º E.I.)



25.6.17

METÉMONOS NO CADRO DE SOTOMAYOR (5º E.I.)

Xa polo mes de maio fixemos esta intrusión no cadro de "Comida de voda en Bergantiños" de Sotomayor, pero como era unha sorpresa para o fin de curso non quixen poñer o divertido resultado ata agora, podedes ver todos as cadros coas emocións, as músicas e os cromas no vídeo da actividade Emocionarte que encontraredes no blogue de Pintamos moito!






 

22.6.17

XORNADA DE CONVIVENCIA

Pouco máis podemos dicir da xornada de convivencia de hoxe que pasamos en Buño, que unha imaxe vale máis que mil palabras, así que premendo no seguinte enlace tedes todas as imaxes: xornada de convivencia.


21.6.17

TÓMBOLA

E hoxe chegou a quenda da tradicional tómbola, estivemos xogando no patio a distintos xogos tradicionais, como os aros musicais, palomita blanca, palomita negra, o pañuelito, simón dice... para conseguir como os maiores puntos e despois poder intercambiar por un regalo, que no caso de infantil foron uns pomperos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: tómbola.




MUSEO MILLADOIRO (5º E.I.)

 Hoxe estivemos visitando o Museo Milladoiro, parámonos en cada unha das paredes decoradas cos traballos dos nosos compañeiros/as intentando adiviñar que artistas traballaran. Ademais estivemos escoitando as músicas que cada clase elexiu para o seu cadro relaciondas cunha emoción, formando parte da actividade EmocionARTE. Nos as escoitamos a través dos códigos Qr descubríndoas coa tablet pero tamén se poden consultar todos os cadros, as músicas e emocións na páxina web creada pola mestra de música. Tamén estivemos visitando os circuítos dos alumnos e alumnas de 6º de E.P., tendo a sorte de que explicáronos algúns. Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: Emocionarte







20.6.17

XORNADA SOBRE RODAS

Hoxe vivimos unha estupenda xornada sobre rodas, cos nosos vehículos de rodas fixemos o percorrido creado polo mestre de Educación Física, desta maneira coñecimos as sinais de tráfico, por que carril tíñamos que ir, onde facer os ceda... axudados por nenos e nenas de 6º E.P. e compartindo os nosos vehículos. Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: Xornada sobre rodas.


MURAL MON LENDOIRO (5º E.I.)

Tivemos a gran sorte de contar co pintor carballés Mon Lendoiro para alegrarnos unha das paredes principais do centro e que cada vez que entremos nos invite a soñar e nos dea gañas de traballar. Ademias deixounos colaborar con moito coidado e seguindo as súas instrucións neste mural que finalmente fixemos entre todos. Aquí tedes algunhas das fotos dos nenos e nenas de 4 anos cos maiores de 6º de E.P. que traballaron conxuntamente: mural Mon Lendoiro.



CUMPREANOS DO VERÁN (5º E.I.)

19.6.17

CUMPLES VERÁN (4º E.I.)


ATENCIÓN ESCÓITASE (4º E.I.)

Seguindo a proposta didáctica da Fundación Meniños, do Reino das emocións, esta vez traballamos a habilidade socioemocional de escoitar. Primeiro escoitamos sons de diferentes animais para adiviñar cal era, podedes ver o vídeo no seguinte enlace SONS DE ANIMAIS.
Despois escoitamos cancións con diferentes instruccións a seguir e, por último xogamos o xogo de "O director di...", e facer o que mandaba (dar bicos, apertas, durmir, etc)





ABELLAS (4º E.I)

Coas hueveras de cartón que nos sobraron do día da familia fixemos estas abelliñas como última manualidade do curso.




14.6.17

EMOCIONARTE (4º E.I.)

A partir do cadro "Rompientes" da pintora Carlota Bueno Hermida, traballamos dúas emocións: o enfado e a valentía.



Principalmente traballamos o enfado, xa que foi a primeira emoción que se lles ocorreu nada máis ver o cadro. E, tamén, porque ao ser tan pequenos cóstalles moito regular os seus enfados. Así que a partir don conto "Vaya rabieta", empezamos a traballar como podemos desfacernos dese descougo cando algo non nos gusta. Se queredes ver o conto pinchade no seguinte enlace VAYA RABIETA. Tamén vinmos outros contos: "La rabieta de Julieta", "O monstro de cores" e "Así es mi corazón".

E, para traballar a valentía fixémolo co conto de "Nadarín", que a parte de ensinarnos que ser diferente é bo e enriquecedor, e , que a colaboración e cooperación cos demais é importante. Tamén conta o valente que é o seu protagonista nas súas andanzas polo mar. Para ver o conto pinchade no seguinta enlace NADARÍN


12.6.17

Hora de ler ( 3 anos, 5 anos)

Hoxe Mara e Adrián leron A bruxa regañadentes na aula de tres anos, cada vez interpretan mellor, sodes uns gran contacontos!!!!


 

7.6.17

GRANIZADO DE LARANXA (4º E.I.)

O martes fomos a cociña a facer granizado de laranxa. Estaba moi rico xa que non quedou nin gota nos vasos.


GALICIA (4º E.I.)

Por fin acabamos o mapa de Galicia que empezamos a facer coa celebración das Letras Galegas. Neste mapa aprendimos que temos catro provincias que cada mesa pintou da súa cor.
Coma este ano déronnos a posibilidade de facer a actuación do Festiletras commemorando a Eduardo Pondal (centenario do seu pasamento), Rosalía de Castro (non puidemos celebrar a seu día cando era,fixémolo nas Letras Galegas) e Carlos Casares (por ser o escritor homenaxeado deste ano), buscamos os seus lugares de nacemento e tamén de onde somos nós. Por iso no mapa aparece sinalado Malpica, Ponteceso, Santiago e Ourense.



6.6.17

ANIVERSARIOS DE VERÁN: XEADOS DE FROITAS (6º EI)

Para celebrar os aniversarios dos peques que cumplen no verán ( Mara, Marián, Antón, Izan e eu mesma) fixemos uns xeados de froitas ( plátanos, mazás, melón e kiwi) estaban moi bos, pero sen dúbidas, o máis delicioso foi o de melón, Divertímonos moito na cociña!!!!