7.6.17

GALICIA (4º E.I.)

Por fin acabamos o mapa de Galicia que empezamos a facer coa celebración das Letras Galegas. Neste mapa aprendimos que temos catro provincias que cada mesa pintou da súa cor.
Coma este ano déronnos a posibilidade de facer a actuación do Festiletras commemorando a Eduardo Pondal (centenario do seu pasamento), Rosalía de Castro (non puidemos celebrar a seu día cando era,fixémolo nas Letras Galegas) e Carlos Casares (por ser o escritor homenaxeado deste ano), buscamos os seus lugares de nacemento e tamén de onde somos nós. Por iso no mapa aparece sinalado Malpica, Ponteceso, Santiago e Ourense.



No hay comentarios:

Publicar un comentario