31.10.17

NOTICIARIO SAMAIN (6º E.I.)

MONSTROS MARIÑOS (6º E.I.)


Estivemos preparando a nosa actuación para as lecturas terroríficas e para iso o primeiro que tivemos que facer foi crear o noso monstro mariño. Entre todos fixemos un monstro que chamamos PULTISER MARIÑO e tiña cabeza de pulpo, tentáculos que terminaba en serpes, orellas e dentes de tiburón, raias de tigre, cinco ollos e lingua de serpe. Cada un fixo o seu propio debuxo.


Despois con diferentes partes cada un creou o seu propio monstro, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: monstrons mariños.


30.10.17

CABAZAS (6º E.I.)

Podedes ver as cabazas de todos os compañeiros e compañeiras de 6º  E.I. e o percorrido que fixemos polas diversas clases premendo no seguinte enlace: cabazas.


BALEA DE URBANO LUGRÍS (6º E.I.)

Chegou o tempo do samaín, dos monstros mariños e chegamos ao tema das baleas, descubrindo que Malpica foi un porto baleeiro, así que estivemos investigando un pouco e investigando como son as baleas, as súas características e como era a forma de cazalas. O que máis nos chamou a atención foi que a balea azul podía medir ata 30 metros, así que baixamos ao patio para comprobar canto era iso e descubrimos cunha balea casi non collería no patio cuberto. Despois estivemos pensando onde encontramos figuras de baleas en Malpica, acordándonos que temos unha escultura no mirador extraída dun dos seus cadros que nos tamén reproducimos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Baleas.



EXCURSIÓN LAXE (6º E.I.)


O pasado xoves 26 de outubro todo o ciclo de Educación Infantil fumos visitar o Museo do Mar de Laxe, onde Joaquín explicounos moitas cousas sobre o Mar. Primeiro vimos unhas fotos antigas de Malpica onde non reconocíamos case nada, tamén vimos distintos barcos e as súas maquetas, que pescaban e como facían a súa maniobra, un oso da mandíbula da balea, un cañón... moitas cousas e todas moi interesantes. Á volta paramos no faro de Punta Nariga e estivemos vendo as illas Sisargas dende outra prespectiva e a clase de 6º E.I. buscou a pedra da Percebillosa, que é como se chama a súa clase. Podedes ver todasa as fotos da excursión premendo no seguinte enlace: Museo do Mar.

24.10.17

CASTAÑAS (6º E.I.)

Hoxe adiantámonos ao Magosto e estivemos traballando coas castañas, primeiro estivemos facendo un biscoito de castañas empregando a batidora que non usaramos ata agora e despois de probalo e non quedar nin as migas, estivemos xogando no patio coas castañas. Nunha roda cantábamos " Hai vai una, hai van dúas, tres castañas polo chan, unha é miña, outra é túa e outra é daquel rapaz" e mentras tiñamos que pasar as castañas por detrás, ao principio costounos coller a dináminca pero logo pasámolo xenial.



LECTURAS DOS MAIORES


Os nenos e nenas de 2º E.P. comezaron as lecturas aos máis pequenos do cole e o pasado luns viñeron a nosa clase a contarnos un conto e algo que nos encanta, así que estamos impacientes a que chegue o próximo luns.

23.10.17

MAR DE CORES (5º E.I.)

Estivemos facendo peixes de cores, coloreando e logo picando, e no oco do peixe puxemos papel celofán de distintas cores para logo poñelos na caixa de luz e facer un mar de cores. Quedou moi bonito, encantounos o efecto das luces sobre o papel celofán.





19.10.17

SOMOS PERCEBES (5º E.I.)

Outra cousa que nos trouxo Nicolás foi unha careta de percebe, a cal puxémola todos e sacamos unha foto. De xeito que ese día todos foron da mesa dos percebes. Algún é fácil de identificar coa careta posta, outros costa un pouco máis de traballo. A verdade é que estaban impacientes por poñela.


APORTACIÓNS AO PROXECTO (5º E.I.)

Aquí van máis cousiñas que trouxeron os nenos e nenas para o noso proxecto de animais mariños.
Coma un conto titulado "Superpercebe" coa moralexa que para ser un superheroa non fai falla ter capa, hai que aer boa persoa, os autores deste con son Nicolás e a súa mamá.














Seguimos recibindo o mar na aula esta vez con peixes e percebes nas rochas, información sobre baleas e percebes, e un debuxo de como se pesca.





























17.10.17

COÑECEMOS OS ESCORNABOTS ( 4º EI)

Fixemos un primeiro contacto cos escornabots, miramos como son, as partes que teñen, como se xoga, as normas de uso...e intentamos traballar en grupo, uns sinalaban co rotulador o lugar onde debía chegar o escornabot e os demais os dirixían, pasámolo xenial!!!






                   

16.10.17

MAR E PEIXES (5º E.I.)

Coas cousiñas que mandáchedes fixemos diferentes actividades, coma escoitar o mar, aínda que algún dixo que escoitou golfiños. Tamén buscamos peixes, é dicir, sacamos un peixe da bolsa e había que buscar un igual no cadro dos peixes de Galicia. Pasámolo xenial.


13.10.17

ANIVERSARIO DE BREIXO ( 4º EI)

Para celebrar o aniversario de Breixo, visitounos a súa nai Noelia. Contou a historia de Breixo, na que andaba na busca dun barco, ata que atopou  a Calipso, o barco de madeira que fixo o seu avó, e que estará na clase aprendendo un montón connosco este curso. Despois abrimos as sorpresas que Noelia e Breixo trouxeron para compartir: pintura fluorescente e un robot con forma de rato. Probamos a pintura e xogamos co Ratobot, regalámoslle a Breixo bicos e apretas e cantamos e bailamos a canción dos aniversarios, aínda que lagúns estaban cansados para bailar!!! Moitas grazas, esperamos a próxima visita!!!



10.10.17

APORTACIÓNS AO PROXECTO (5º E.I.)

Estas son algunhas das cousas que aportáchedes para levar a cabo o proxecto dos animais mariños. Temos un cadro de peixes, unha caracola, información sobre as sardiñas, e, incluso trouxéchedes o mar a clase con peixes, medusas, ... etc. Motas gracias pola vosa colaboración.




ESTRENAMOS A COCIÑA ( 4º EI )

A semana pasada estrenamos a cociña facendo plastilina de cores. Pasámolo xenial!!


9.10.17

DOCE E SALGADO (5º E.I.)

Fomos á cociña  a experimentar como sabe a auga doce e salgada, para saber en que tipo de auga  viven os animais mariños. Botamos auga en dous recipientes, nun cunha cucharada de azucre e outro con sal, e, logo, mollamos o dedo en sal e azucre e probamos os dous.
Algún foi moi expresivo á hora de dicir cal tiña mellor sabor, pero outros dixeron que tanto o sal coma o azucre sabían ben, non notaban ningún tipo de diferenza. Creo que algún está tan afeito a vivir tan preto do mar que o sabor salgado parecelle atractivo. 😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄


EXPERIMENTO DE FLOTACIÓN (6º E.I.)

Partindo da pregunta "Por que os barcos flotan?" comenzamos os experimentos con Dora probando se os ovos flotaban e parece ser que non pero se os metemos en auga con sal xa cambiaba. O mesmo fixemos cun recipente cheo e un recipente baleiro.






CUMPLE AINHOA (6º E.I.)

Seguimos cos cumpleanos das Familias Lectoras e nesta ocasión está de celebración Ainhoa. Veunos contar o canto "Un papá a medida" a súa prima Claudia de 3º. Para finalizar todos xuntos cantámoslle o cumpleanos feliz.




ANIVERSARIO DE GABRIEL ( 4º EI)


Para celebrar que Gabriel xa ten tres anos, recibimos a visita de Tania, a súa nai, que contou a historia inventada na casa no libro viaxeiro " Un mar de contos". Axudamos a Gabriel a facer a súa coroa, regalamos bicos e apretas, cantamoslle, bailamos e abrimos a sorpresa que truxo Tania, dous botes cheos de purpurina de cores!!! Moitísimas grazas e esperamos que volvas!!

5.10.17

BARQUIÑO DE CÁSCARA DE NOZ (6º E.I.)




Onte intentamos facer os nosos barquiños de cáscara de noz, aínda que non foi tan doado como pensabamos. O primeiro de todo foi partir as noces que entre que non tíñamos forza e algunhas escachaban por todos lados aínda tardamos un anaco. Despois era a parte fácil que era encher de plastilina, decocar o noso barco e poñerlle a vela. Na merenda aproveitamos e comimos as noces que tanto traballo nos deran. E, finalmente, chegou a hora de probalos barcos. Afundíronse todo, non pasaron a proba de estabilidade, así que tivemos que probar diferentes modificacións, quitámoslle plastilina para que tivera menos peso, a vela xa que tiña que ser de papel e nos a fixéramos de cartulina... e despois fumos probando a quen lle flotaba e a quen non. Toda unha experiencia!! Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Barco de cáscara de nuez.





FAMILIAS LECTORAS (6º E.I.)

Comezamos o programa de Familias Lectoras en 6º de Educación Infantil. Desta maneira as familias participantes comprométense a ler cos seus fillos 15 minutos diarios e tamén compartir unha lectura na aula coincidenco co cumpreanos do alumno/a. Nesta ocasión tivemos a visita de Jairo (6º E.P.) que é primo de Daniel (6º E.I.) e para festexar o seu cumple leeu A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Despois Daniel tamén nos quixo contar un conto sobre un submarino, aproveitando o tema do mar. Encantounos esta maneira de celebrar o cumple, estamos agardando o resto de visitas.




AS RAIAS DA CEBRA CAMILA ( 4º EI )

Dende a semana pasada estamos traballando o trazo horizontal a través do conto da Cebra Camila. Descubrimos a pantalla táctil, e como a cor branca pinta sobre fondo negro.



3.10.17

SOMOS PEIXES (5º E.I.)

Comezamos co proxecto do mar, e facémolo coñecendo diferentes peixes , concretamente os que son  de auga salgada.
O primeiro que fixemos é falar de onde viven os peixes, como fan para respirar, como se moven, etc; e o final todos fomos peixes, aprendimos a poñer cara de peixe no fondo do mar e logo nadamos coma eles.


A NOSA RÚA (6º E.I.)

Seguimos situándonos no mapa e agora buscamos onde quedaba a nosa casa, quen vive máis preto do cole, do porto, da praia... e pouco a pouco imos entendendo os mapas. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Mapa.


LECTURA DOS MAIORES ( 4º EI)

A semana pasada tivemos como lectores a Moisés e a Sofía de2º de primaria, fixéronno moi ben e os peques comportáronse xenial. Esperamos una nova visita!!Grazas