28.11.17

LECTURAS PEQUECHAS ( 4º EI )

Como cada luns recibimos a visita de dúas lectoras de 2º de Primaria. Esta vez viñeron Sofía e Antía, co conto de Chocolata. Moitas grazas por compartir esa historia tal xenial!!!

                           

ANIVERSARIO DE NOA ( 4º EI )

O venres celebramos o aniversario de Noa, que xa cumple 3 anos, coa lectura da historia do libro "Un mar de contos". Tivemos a visita da súa mamá, que contou una historia fantástica na que os peques tiñan un papel importante, ademáis descubrimos que Noa ten un can moi grande chamado Momo, que lle gusta ir á praia incluso no inverno, e que ó pouco de nacer ela, tivo unha curmá!!!Fixemos a coroa, regalámoslle bicos e apretas e rematamos bailando. Feliz aniversario!!!!





                             

ANIVERSARIO DE SANTIAGO, NOA E ANTÍA (4º EI)

Para celebrar o aniversario de Santiago, Noa e Antía convertímonos de novo en chefs. Fixemos varias votacións para escoller que queríamos cociñar, e houbo una diferencia moi curta entre ovos e salchichas, aínda que gañaron estas. O xoves puxémonos mans á obra, lavamos as mans, cortamos as salchichas e o queixo, introducímolos en tartaletas de masa de follado, directos para ó forno... E A DEGUSTAR!!!Estaban realmente ricos, e todos probámolos e repetimos. Noraboa a Santiago, Noa e Antía que xa teñen 3 anos!!!



LECTURAS PEQUECHASV (5º E.I.)

Seguimos coas lecturas pequechas. Esta semana viñeron Nicolás e Moisés, de 2º de primaria, a lernos o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".




24.11.17

SESIÓNS DE IOGA (6º E.I.)



Cada venres, despois da merenda, temos unha pequena sesión de Ioga na que practicamos diferentes posturas que nos axuda a relaxarnos. Hoxe encontramos un vídeo novo e aprendimos a postura do gato, do can, da serpe e da abella.







CUMPLEANOS DE ALEJANDRO (6º E.I.)

Este fin de semana é Alejandro o que se fai maior e seguindo cos nosos cumpleanos en familia, nesta ocasión foi a súa nai a que veu a nosa clase a contarnos un conto que ademais era moi especial para Alejandro e que participou para contalo. Estamos encantados con esta experiencia das lecturas en familia!





XOGO DOS INUITS (6º E.I.)

Como xa sabedes a nosa primeira viaxe foi o Polo Norte e esta semana chegou o turno de coñecer as súas xentes e profundizar un pouquiño máis nos Inuits ou Esquimales. Estivemos vendo como vivían, como vestían, como desplazábanse... e, finalmente, algúns dos seus xogos típicos.  O que máis nos gustou foi o XOGO DO AJAGAK, así elaboramos o noso xogo propio polo sinxelo que era. Un pao, unha corda e un círculo de cartón e pasámolo en grande intentando meter o círculo dentro do pao, con algúns tivemos que facer algunha trampa e acortar as cordas, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: xogo dos inuits.




22.11.17

CANTO MIDEN? (5º E.I.)

A semana pasada medímonos, e comprobamos que todos e todas miden máis dun metro, logo medimos o esquelete que nos regalaron os nenos e nenas de 3º de primaria, e comprobamos que mide máis que eles,concretamente 1.50 m.
Para logo pasar a ver canto miden os percebes, sardiñas, golfiños e baleas. Para velo mellor usamos cinta para poder comparar canto acupa cada unha. E para ver que unha balea é o animal máis grande do planeta, usamos o pasillo para poder ter todo o espazo posible. Primeiro, cada 2 metros, colocáronse nenos e nenas ata os 25 m aproximados que pode medir unha balea; e, finalmente, usamos un cordel azul, poñéndose uns nun extremo e outros no outro. Así, puidemos comprobar que estaban moi lonxe uns doutros. Case non nos chega o pasillo para saber canto mide unha balea adulta.


LECTURAS PEQUECHAS IV (5º E.I.)

Continuan os luns de lecturas pequechas cos nenos e nenas de 2º de primaria, os lectoras desta semana foron Pablo e Óliver.




19.11.17

FROITOS DO OUTONO: NOCES (5º E.I.)

Continuamos cos diferentes froitos de outono, desta vez tocáronnos as noces. Desta vez, para pintalas de marrón, non usamos pincel, pinturas, rotuladores ou os dedos. O que fixemos foi estampar estropaxo verde mollado en pintura marrón nas noces, foi unha maneira diferente de decorar.



17.11.17

O XOGO DO PINGÜÍN (6º E.I.)

Temos unha nova incorporación o recuncho de lóxica-matemática que é o XOGO DO PINGÜÍN. O que temos que intentar é co pingüín que está no medio non caiga a medida que rompemos os xeos. É un xogo moi divertido de estratexia que implica pensar se non queremos perder, o malo é ter que volver montalo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: xogo.


CUMPREANOS DE NOA (6º E.I.)

Seguimos celebrando os cumpreanos en familia e nesta ocasión é Noa a que xa cumpliu 5 anos. Para celebralo as súas primas Uxía e Saray de 5º E.P. viñéronnos contar o conto de Cocorico que ademais encántanos.




POLO NORTE (6º E.I.)


O noso primeiro destino lévanos o Polo Norte, así que o primeiro que fixemos foi pensar todo o que sabíamos deste lugar. O relacionamos principalmente con Papá Noel e toda a súa familia, ademais de diversos animais como o oso polar, a foca, o lobo, renos... para ampliar a información acudimos a biblioteca a investigar un pouco. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: polo norte.



16.11.17

PASAPORTE (6º E.I.)

Comezamos a nosa viaxe, así que non nos queda máis remedio que sacar o noso Pasaporte xa que imos cara o estranxeiro.







14.11.17

LECTURAS PEQUECHAS III (5º E.I.)

O luns Alejandra e Pablo, de 2º de E.P. léronnos o conto de "Chocolata".





UN MAR DE CONTOS ( ANIVERSARIO DE SANTIAGO, 4º EI )

Para celebrar o aniversario de Santiago, que xa cumpliu 3 anos, viñeron a súa mamá e o seu pai a contar a historia escrita no libro viaxeiro " Un mar de contos". Entre outras cousas descubrimos que en pouco tempo Santiago viaxará a Colombia de vacacións ( o que da pé a comezar no Proxecto do Mar), que lle gusta moito a praia, xogar ó futbolín e vir ó cole. Despois da lectura fixo a súa coroa de Protagonista da Semana e cantámoslle e lle agasallamos con bicos e apretas. Moitas grazas pola visita!!!!

Lecturas pequechas ( 4º EI )

Como cada luns, os nenos e nenas de 2º de EP viñeron a ler un conto. Esta vez foi  A SOUPA QUEIMA, fixéronno moi ben!!!





13.11.17

ANIVERSARIOS NA COCIÑA ( 4º EI )

Para celebrar o aniversario de Leo, Gabriel e Breixo fixemos una receita de cociña. O primeiro foi dar ideas do que nos apetecía cociñar, houbo moitas respostas: óvos, pastel de castanas, tarta de amorodos, pastel de nata, salchichas... ó final quedaron una receita con óvos e pastel de chocolate, fixemos votacións, e gañou este último. Chegamos á cociña, lavamos as mans, collimos os ingredientes e fixemos dous pasteis de chocolate, e adornámolos con chuches de osiños. Posto que non deu tempo a comelo, ó día seguinte fixémolo, non sen antes cantar a canción de cumpleanos e soprar as velas. Estaba boísimo!!!!!   



 

10.11.17

ZARPAMOS! (6º E.I.)


Está próximo que levemos anclas e zarpemos co noso crucero do porto de Malpica, por iso o primeiro que fixemos foi comprobar cales son as cousas imprescindibles que precisamos para navegar e grazas as todos os obxectos que aportáchedes das casas foi unha actividade moi enriquecedora. Miramos o mapa cunha carta de navegación (cal será a nosa ruta), a importancia dos chalecos e dos botes salvavidas, a utilidade da brúxula e tamén dos prismáticos.
Como o tema da brúxula pareceunos moi interesante estivemos aprendo a orientarnos a través do mapa do Bee-boot, buscábamos un país e despois indicábamos se tiñamos que ir cara o norte, sur, este ou oeste.


Finalmente hoxe decidimos cal será o noso primeiro destino e, por moito que insistí para ir descubrir América, eles queren ir o Polo Norte pero a volta faremos unha parada en Laponia. O que fixemos foi localizar no mapa mundi onde está o porto de Malpica e de ahí zarparemos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: brúxula.



FROITOS DE OUTONO: A CASTAÑA (5º E.I.)

Esta semana fixemos outro froito de outono, nesta ocasión tocounos a castaña.
Pintámola de marrón coa cera branda e logo fixemos boliñas pequenas coa plastilina negra; practicando así a motricidade fina.


EXPERIMENTO CON DENSIDADES (6º E.I.)


Coa mestra Dora estivemos experimentando coas densidades, observando como unha mesma sustancia (azucre), engadida a auga en distintas proporcións fai que varíe a súa densidade. Collimos catro vasos de auga e a cada un deles botámoslle colorante para distinguilos e diferentes cantidades de azucre. Despois fumos botando os líquidos no vaso de tubo grande empezando polo que levaba máis azucre. Desta maneira non se mezcla e deposítanse en función da súa densidade, parecía maxia pero é ciencia. Para rematar empregamos distintas sustancias como o leite e o aceite para ver como reacionaban.




8.11.17

LECTURAS PEQUECHAS ( 4º EI)

Como cada luns, recibimos a visita dos maiores de 2º de Primaria ler un conto, esta vez contaron A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.